Pontón pide a dimisión de Sánchez Izquierdo polo episodio machista vivido en 'Land Rober'

"Parécenos que isto non é unha anécdota, é un feito moi grave", insistiu a líder nacionalista, polo que "merece moito máis que unha desculpa" por parte da CRTVG por "non estar á altura" da situación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/04/2021 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, apuntou directamente ao director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, como "máximo responsable" do episodio machista rexistrado este xoves no programa 'Land Rober' e reclamou a súa dimisión ante uns feitos "moi graves".

O espazo presentado por Roberto Vilar tentou promover un encontro entre unha moza que acudira como público e a súa exparella. Fronte á insistencia do programa, a muller terminou explicando en antena que non desexaba velo, xa que cortara a relación por episodios de acoso e control. Tras escoitar a súa versión, Roberto Vilar desculpouse con ela, un acto que repetiu na tarde deste venres no programa 'Quen anda aí', onde se responsabilizou do "erro garrafal" labor.

Partidos políticos e entidades sociais criticaron este venres ao programa por "normalizar o acoso" e "promover a violencia machista" no episodio emitido na noite deste xoves. Tanto a produtora responsable, CTV, como a CRTVG emitiron á súa vez senllos comunicados nos que expresan o seu rexeitamento polo ocorrido.

Preguntada este sábado pola polémica, Ana Pontón censurou o "lamentable episodio" vivido na televisión pública, no que "se banalizou a violencia machista" e "emitiuse a pesar de que estaba gravado". Neste sentido, apuntou directamente a Sánchez Izquierdo como "máximo responsable" da emisión do espazo e considerou que debería presentar a súa dimisión ante a gravidade dos feitos, sobre todo ante a información e protocolos dispoñibles sobre o tratamento da violencia machista nos medios.

"Parécenos que isto non é unha anécdota, é un feito moi grave", insistiu, polo que "merece moito máis que unha desculpa" por parte da CRTVG por "non estar á altura" da situación.

O director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo. EUROPA PRESS - Arquivo
O director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta