O fillo de Fernández Albor ponse á cabeza da sanidade privada en Galicia

Ángel Fernández-Albor Baltar será o novo presidente da sociedade HM Hospitais de Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2021 | Actualizada ás 11:42

Comparte esta noticia

HM Hospitais nomeou a Ángel Fernández-Albor como novo presidente da sociedade HM Hospitais de Galicia S.L.U., que é a encargada de operar os centros e hospitais deste grupo na Comunidade galega. Segundo informou nun comunicado este grupo hospitalario, esta designación responde os obxectivos expostos dentro do Plan Estratéxico do Grupo HM Hospitais para Galicia, "que apostan pola consolidación da súa rede asistencial e a expansión do seu modelo negocio".

Anxo Fernández Albor, actual membro de Consello de Administración da Sociedade, asume así esta nova responsabilidade, indica HM Hospitais, "co obxectivo de profundar en tarefas asociadas á representación institucional, así como colaborar na posta en valor e deseño do plan de expansión do Grupo HM nesta rexión". Fernández Albor é, ademais, catedrático de Dereito Mercantil na Universidade de Santiago de Compostela e autor de distintas publicacións sobre sociedades, tributación e finanzas. O seu pai foi o primeiro presidente da Xunta de Galicia. 

Anxo Fernández Albor, novo presidente da sociedade HM Hospitais de Galicia.. HM HOSPITAIS
Anxo Fernández Albor, novo presidente da sociedade HM Hospitais de Galicia.. HM HOSPITAIS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta