Gloria Lago insiste en denunciar á Xunta se o certificado de vacinación non se expide en castelán

A plataforma que comanda, Hablamos Español, xa acusou á administración Feijóo de "prohibir e discriminar" o español en Galicia.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A Asociación Hablamos Español, presidida por Gloria Lago, volve cargar contra a política supostamente "discriminatoria" que supostamente desenvolve a Xunta de Galicia no tocante ás súas comunicacións públicas. Desta vez, a denuncia da plataforma vai dirixida á cuestión que, por natureza, centra os avisos e propagandas da administración autonómica: a covid. E, máis concretamente, o certificado de vacinación anunciado por Alberto Núñez Feijóo.

Gloria Lago, presidenta de Hablamos Español, nunha foto de arquivo de 2012.
Gloria Lago, presidenta de Hablamos Español, nunha foto de arquivo de 2012.

"Ante el anuncio de una próxima expedición por parte del Servicio Gallego de Salud de un certificado de vacunación, le recordamos que tanto el gallego como el español son oficiales en Galicia", comezan apuntando dende a plataforma nun escrito que dirixen, directamente, ao actual Conselleiro de Sanidade da Xunta. Conselleiro ao que tamén afean que "exclúa" o español dos avisos para a vacinación e demais información sobre a covid.

A plataforma comandada por Gloria Lago sobre o ton para subliñar que, no caso de que o certificado de vacinación non vaia tamén expedido en castelán, non terán máis remedio que denunciar a cuestión --"una vez más"-- ante instancias europeas. Nos últimos meses, Hablamos Español xa manifestou un actitude crecentemente crítica coa Xunta de Galicia, á que mesmoa acusou, a finais do 2020, de "prohibir" o castelán

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 nostrus

Está claro que lo importante y necesario es que esté en español y luego si lo quieren poner tambien en gallego para que disfrute la parroquia nazionalista que lo hagan. Basta ya de tanta tontería con el gallego.

3 Cachis

Mágoa que non sexa deputada, é unha señora sen moito coñecemento pero moi simpática!

2 Xian dos Ancares

Ben feito.

1 melítico

Ehhhhh !!! que as eleccións son en madrííí !!! hai medo de quedar fora ???