Un concurso premiará a mellor peza de xornalismo científico de Galicia con 3.000€

A RAGC abre prazo para presentar traballos escritos e audiovisuais ao Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/04/2021 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Se algo deixou en claro a pandemia de covid-19 en Galicia e o resto do mundo é a importancia de contar cunha comunicación científica que sexa clara e de calidade con vistas a evitar a difusión de falsos e outro tipo de discursos con posibilidades de deturpar e dificultar o debate público.

Unha persoa cun ordenador
Unha persoa cun ordenador

Esa contribución do xornalismo científico, cuxa relevancia vén de ser posta en consideración nos últimos meses, é precisamente o que agora quere premiar a Real Academia Galega das Ciencias a través da Axencia Galega de Innovación coa sexta edición do premio de xornalismo científico Celia Brañas. O galardón, que contará cunha dotación de 3.000 euros netos, conta coa colaboración da Xunta. 

Os profesionais da información que queiran optar ao concurso deberán presentar unha peza xornalística de carácter informativo en formato escrito ou audiovisual que fora publicada ou emitido entre o 1 de xuño de 2020 e o 20 de maio de 2021 en calquera medio galego ou edición galega dun medio estatal; unha categoría que inclúe tanto diarios dixitais, en papel, como a radio ou televisión.

Dende a Academia expoñen que a peza "debe responder aos xéneros da noticia, a crónica ou a reportaxe, quedando "expresamente" excluídos as entrevistas e os artigos. "Poderá ter como tema principal calquera aspecto relacionado coa ciencia desenvolvida en Galicia (achádegos, difusión do labor de grupos ou centros de investigación, posibles aplicacións dos resultados da investigación, casos de éxito de transferencia de resultados ao mercado, etc)", engaden. A concorrencia ao premio, a priori aberta a todo xornalista ou equipo de profesionais, queda detallada nas súas condicións na web da RAGC. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta