A Deputación da Coruña cede á Asociación Triskell a súa colección de pezas de gaita

Aa pezas pasarán a formar parte dun museo despois de ser testadas e resturadas.

Por E.P. | A CORUÑA | 19/04/2021 | Actualizada ás 11:48

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña cedeu a súa colección de pezas de gaita á Asociación Triskell de Arteixo, coa intención de que pasen a formar parte dun museo, segundo informa a institución provincial.

A cesión realizouse en virtude do acordo asinado polo deputado de Cultura, Xurxo Couto, e o presidente da entidade de cultura tradicional, Roberto Mosquera. Á firma do convenio, asistiu tamén o músico e director do grupo de gaitas de Triskell, Bieito Romeu.

As pezas están asinadas polos principais talleres artesanais de gaitas galegos entre os que se atopan Seivane, Antón Curral, Paulino Pérez, Xesús López Bao ou Basilio Carril.

Agora, a asociación Triskell remitiraas ao seu artesán, Luís Rodríguez, "para que realice unha primeira análise técnica para daquela ser testados por músicos da agrupación, con Bieito Romeu na dirección e co obxectivo de realizar a súa restauración, de darse o caso", explica a institución provincial.

O deputado de Cultura da Coruña, Xurxo Couto, e o presidente de Triskell, Roberto Mosquera, tras a firma dun convenio de colaboración xunto ao músico Bieito Romeu para a cesión da colección de pezas de gaitas da institución provincial. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O deputado de Cultura da Coruña, Xurxo Couto, e o presidente de Triskell, Roberto Mosquera, tras a firma dun convenio de colaboración xunto ao músico Bieito Romeu para a cesión da colección de pezas de gaitas da institución provincial. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta