E así vai Portugal: uns van ben e outros mal

O que pasou en Portugal é o que pasa cando toca xestionar unha crise sen autonomía política. É dicir, executando as instrucións que a Troika mandata, ou o que é o mesmo, o que o Banco central Europeo e o FMI ( a Comisión Europea é o lado humano , sen marxe de manobra) consideran máis axeitado ós intereses que defenden. Que non é o crecemento dunha Europa social , senón a garantía de que a banca alemana vai recuperar o diñeiro que gastamos, en máis cantidade do que podíamos gastar. Por certo, unha parte importante, comprándolle tecnoloxía ós alemáns.

Por Xoan V. Mao | Vigo | 03/10/2013

Comparte esta noticia
O PSD tivo que xestionar una crise herdada da pésima xestión de Sócrates. E o fixo sen marxe de manobra, cun partido dividido, e cos lobbys de poder instalados no goberno. Os portugueses descubriron que o seu voto valía mais ben pouco. Así que optaron por non votar, nun 40 %. É dicir, a primeira forza política foi o descontento, e a súa formulación política: A abstención.
 
É certo que castigaron ó partido no goberno, que non chegou ó 18 %. Pero non é para que o PS, cun 33 %, se poña a botar foguetes.
 
Podemos analizar caso por caso, pero non vale a pena.  Nun caso a división do voto por liortas internas, noutro a debilidade dos candidatos, etc, etc. Pero en todos o cansanzo. Iso é a lectura que deben facer os dirixentes políticos, aínda que na meirande parte dos casos dubido moito que saiban ler máis do que un xornal deportivo, o que á veces constitúe un exercicio intelectual nada desprezable.
 
Dous riscos ameazan Europa: O desencanto e a desmotivación cidadán, o que pon en gravísimo risco a democracia, como estamos vendo co rexurdimento de grupúsculos fascistas e actitudes intolerantes.
 
Doutro o fracaso da construción europea, non pola vía de que se desfaga a Unión Europea, senón de que se constrúa un ente burocrático morto, e o que aínda é peor; que se renuncie ó carácter social de Europa, que é o noso ADN , o noso sinal de identidade. A Europa que herdamos dos nosos pais, e que temos a obriga de deixar ós nosos fillos. Una Europa dos cidadáns, construída coa argamasa da cultura e a política social.
 
E obvio que as eleccións portuguesas foron moito máis que unhas eleccións nacionais. Foron un laboratorio europeo. Cousa distinta é que os actuais dirixentes europeos saiban o que significa poñer as barbas en remollo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA