O inefable Ruiz Gallardón

O inefable Ruiz Gallardon, o candidato da dereita que mais lle gustaba á esquerda antes de sacarse a careta, ven de dicir que á infanta Cristina non debe sufrir a “pena paralela” do paseillo ante cámaras e fotógrafos .

Por Xoan V. Mao | Vigo | 21/01/2014

Comparte esta noticia
Naturalmente o flamante ministro non se cuestiona o porqué da súa comparecencia, senón as formas. Lamentablemente o señor ministro non tivo nada que dicir cando a Paco Rodriguez, ex alcalde de Ourense o tiveron tres días incomunicado, o levaron en coche ate Lugo, e contrariamente ó habitual , non o entraron polo garaxe senón que tivo que andar esposado uns metros ate a porta principal, traxecto no que por pura casualidade estaba un fotógrafo do xornal que narra en directo e exclusiva o sumario dunha operación tan singular, que ate o nome é de manga. O que non deixa de ser un curioso xogo de palabras. 
 
Por certo. Paco, amigo meu a quen defendo porque coñezo o seu tipo de vida absolutamente sinxelo, aínda non sabe de que se lle acusa . Eu xa sabía que a constitución é unha entrañable e benintencionada mentireira cando din que somos todos iguais ante a lei ; o que non sabía e que un ministro de xustiza podía publicamente proclamar un discurso inconstitucional cando defende que todos non sexamos iguais ante a lei. Paradoxicamente Urdangarin non é o único a quen a terceira república terá moito que agradecer, si algún dia chega. Gallardin e toda unha tropa de soplagaitas papistas e pelotilleros habranse feito acredores ó seu recoñecemento.O príncipe Felipe debe estar dicindo aquilo de : “Señor, líbrame dos meus amigos que dos inimigos xa me librarei eu.”
 
Sempre defendín que o peso da lei caera sobre os corruptos e foran apartados , non so da política, senón de casqueira faceta da vida publica. Todos, sen excepción, de calquera partido ou ideoloxía. O que lamentablemente non ten ocorrido. Pero sen converterse nun circo mediático que denigre a Política, con maiúsculas, da que nestes intres estamos tan necesitados. Porque converter as instrucións dos sumarios en reality shows , narrados en directo por medios afines, ou por cadeas especializadas na telebasura, non é senón unha forma de desprestixiar a política democrática , e os políticos honestos , abrindo camiño ós populismos demagóxicos que non son outra cousa que a antesala do fascismo. E os ataques entre a clase política, utilizando o todo vale, e sementando dubidas sobre o rival, sen base, ou mesturando churras con merinas polo feito de ser do mesmo partido que un corrupto , como si a militancia nun partido fora sinal de identidade e corporativismo gremial, non fai senón abonar ese mesmo terreo.
 
Non é casualidade que trala campaña de desprestixio dos políticos franceses, clamorosamente executada polos propios dirixentes políticos (lémbrese a Sarzkozy , ministro do interior, filtrando ós medios a detención do fillo de Villepin por excesos nunha festa de mozos) coa complicidade de certos medios sensacionalistas ,a primeira forza nas sondaxes para as municipais i europeas deste ano sexa o Fronte Nacional de Marine Le Pen. Semella que non aprenderon nada do “affaire” Beregovoy, ex primeiro ministro socialista francés que suicidouse tras unha campaña difamante por aceptar un préstamo electoral para á campaña, sen ningún tipo de beneficio persoal. Non teño noticias de que Sarzkozy fora ingresado de urxencias por sobredose de cosméticos Lóreal. Sería por tanto aconsellábel, na miña modesta opinión, implantar a igualdade constitucional ante a lei, diferenciar ós políticos corruptos dos políticos honestos que continúan a ser maioría, non mesturar a critica política coa demagoxia oportunista e acusacións irresponsábeis, e diferenciar ós xuíces discretos i eficaces, dos xusticeiros ególatras con síndrome de Capitan Trueno.
 
E xa postos a pedir, que o ministro Gallardon estea calado e deixe de dicir estupideces. Ou mellor aínda. Que deixe de ser ministro. O que xa tería que ter ocorrido logo do vergoñento indulto a un kamikaze defendido polo bufete no que traballa o seu fillo, e da non menos vergoñenta revogación do indulto pola presión mediática e social. Isto axudaría moito á mellorar a “Marca España”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA