Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2021 | Actualizada ás 14:08
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) vén de implantar un certificado de vacinación para os galegos, unha credencial que tamén está previsto que recolla información sobre probas de detección do coronavirus e sobre a superación da enfermidade de persoas infectadas.
Este documento que xa empezou a funcionar en Galicia camiña da man da credencial verde europea, pero a Xunta quere, como dixo en días pasados o seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, que conte con outras utilidades "sociais". Así, na reunión do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS) deste mércores, do mesmo xeito que se fixo a semana pasada, o conselleiro de Sanidade, Jullo García Comesaña, volverá expor que este documento sirva como "excepción" para facilitar a mobilidade entre territorios pechados perimetralmente.
Un dos exemplos utilizados por Comesaña na rolda de prensa foi o feito de contar "cun DNI galego", que che permite entrar en Galicia a pesar de que actualmente está perimetrada. Así, o titular de Sanidade considerou que esta credencial de vacinación, de aceptarse a proposta, podería sumarse como "excepción" de chegada a Galicia no caso de que siga pechada perimetralmente.
Comesaña indicou que a idea é que este certificado "empezo a facilitar a mobilidade dos galegos" e así o trasladou na reunión da semana pasada no consello interterritorial, ante o cal o ministerio non deu ningunha "resposta", dixo, polo que "insistirá" na "reunión desta tarde".
O titular de Sanidade defendeu expor o "debate" de "establecer usos adicionais" deste certificado. "Cremos que este certificado pode introducir elementos que axuden á mobilidade e ao revés, no caso de peche perimetral, á hora de que haxa varias excepcións, como pode ser ter un DNI galego, unha excepción para entrar en Galicia pode ser un certificado de vacinación", explicou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.