O plan antiincendios da Xunta incorpora cursos de autoprotección para a poboación

Ademais porá en marcha accións silvícolas e potenciación de pastos para combater os lumes.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/04/2021 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez  Feijóó, anunciou a posta en marcha do plan de prevención de incendios de Galicia para este ano dotado con 30 millóns de euros e que comportará, segundo el, un control sobre un 22 % máis de hectáreas que en 2020. Un plan que recolle tamén cursos de autoprotección e prevención para a poboación no caso de que teñan que afrontar situacións de risco ante os lumes.

O lume moi preto das casas en Calo (Teo)
O lume moi preto das casas en Calo (Teo)

Na súa conferencia de prensa habitual tras a reunión semanal do Consello de la Xunta, explicou que este programa, previo ao plan de defensa contra incendios, Pladiga, cubrirá 58.000 hectáreas e 5.000 quilómetros de pistas, tamén en colaboración cos municipios.

Ademais, explicou que prevé labores de mantemento nos case 4.000 puntos de auga e a construción de 222 puntos novos, con actuacións directas da Xunta, por valor de 6 millóns de euros, sobre 5.500 hectáreas e 2.200 quilómetros de pistas.

Outras actuacións sobre o territorio sufragaranse coas subvencións e convenios, especialmente con entidades locais, por valor de 23 millóns de euros, que se realizarán sobre 52.500 hectáreas e 2.700 quilómetros de pistas. Ademais porá en marcha accións silvícolas, por valor de 13 millóns, e accións de potenciación de pastos para combater os lumes por valor de nove millóns.

Tamén impulsará a colaboración cidadá coa entrega de material a diversos colectivos a través dos concellos e de accións formativas en colexios sobre educación ambiental, ou para a poboación do rural sobre medidas de  autoprotección e prevención ante os danos dos incendios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta