Os "versos de amor máis lidos en lingua castelá", de Neruda, por primeira vez en lingua galega

Mandulia Editorial e a Xunta colaboran na publicación de 'Vinte poemas de amor e unha canción desesperada'.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/04/2021 | Actualizada ás 20:13

Comparte esta noticia

Mandulia Editorial e a Xunta colaboran na publicación de 'Vinte poemas de amor e unha canción desesperada', a soada obra poética de Pablo Neruda e que ve a luz por primeira vez traducida á lingua galega.

Presentación da obra Vinte poemas de amor e unha canción desesperada, de Medulia Editorial.. CONCHI PAZ
Presentación da obra Vinte poemas de amor e unha canción desesperada, de Medulia Editorial.. CONCHI PAZ | Fonte: Europa Press

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou a iniciativa este mesmo xoves, na que destacou que "os versos de amor máis lidos en lingua castelá" poderán gozarse agora no idioma propio de Galicia "por primeira vez".

García destacou a Neruda como "referencia esencial da literatura latinoamericana" e enmarcou esta edición no 50 aniversario da concesión do Premio Nóbel de Literatura, grazas á tradución Xosé Amancio Liñares e María Rey e as ilustracións de Isabel Pintado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta