ANOVA e Equo ven "grandes coincidencias" cara as eleccións europeas

Por Galicia Confidencial | | 08/10/2013 | Actualizada ás 09:52

Comparte esta noticia

O luns reuníronse Anova Irmandade Nacionalista e membros de Equo, dous dos partidos que conforman a coalición Alternativa Galega de Esquerda. O obxectivo da reunión era avanzar cara un pacto para as eleccións europeas da próxima primavera. 

Martiño Noriega
Martiño Noriega | Fonte: AEGACA

Por parte de ANOVA participaron Luís Eyré e Martiño Noriega, e de EQUO, Alejandro Sánchez, da dirección federal de Equo e director da Fundación Equo, Jesus Balidac e Rosa Rodríguez Sales de Equo Galicia.

Despois da xuntanza, ANOVA indica que "que constatamos unha grande coincidencia no diagnóstico e na necesidade de unir todas as forzas politicas e tamen a dos movementos cívicos para facer fronte á ditadura da Troika".

Alejandro Sánchez cualificou de "moi interesante" a proposta de ANOVA de fronte ampla. Rodríguez Sale informou tamén que no debate de Estado da Autonomía Equo Galicia presentaría 20 propostas de afiliados e simpatizantes a través dos deputados de AGE.

Parece pois que existen posibilidades de que haxa un acordo. ANOVA xa se reuniu cos outros dous socios de AGE -Esquerda Unida e Ecosocialistas- e nas dúas xuntanzas houbo avances. O quid da cuestión para o partido de Xosé Manuel Beiras segue a ser a oferta que ten sobre a mesa de ir canda o Bloque, pois o BNG desbota unirse tamén a forzas de ámbito estatal, como Equo e Esquerda Unida.

Rolda de prensa de Xosé Manuel Beiras
Rolda de prensa de Xosé Manuel Beiras

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 29 comentarios

11 loiro

Nos foros e na rúa a xente de EU só fala de liquidar ao BNG, ese é o seu obxectivo. Beiras daslles folgos, mais como un militante de EU acaba de advertir nun foro: "os do bloque son moitos máis ca nós e inda por riba teñen base social e forte presenza na rúa. Coidadiño cando o Beiras non estea."

10 Irmandiño

Dan pena estes de BNGUPG. Antes dicían "sen os marchosos estamos mellor". Agora cando ven que por seitarios,mediocres e bandulleiros o pobo galego non os vota,agora acusan a ANOVA de abandonalos...

9 OLA K AGE

AGE e o PP amordazan o PArlamentiño de Carton: http://www.europapress.es/galicia/n...

1 eusi

E o bng e ppsoe están desaparecidos en combate (no seu propio combate interno: a ver se deixan de se miraren para embigo e comezan a pensar na xente que sofre os embates da dereitona). AGE É O ÚNICO QUE NOS DEFENDE!

2 Mitrídate

Tusí como Dolores a Madrí. Derechona izquierdona gallegona polacona.

3 Meleradas

E como vos defende, calando a boca e indo a homenaxes a Fraga? E agora amordazando aos demais http://www.lavozdegalicia.es/notici...

4 reginodelapena

Sr eusi,hoxe o representante de iu no parlamento europeo sr.meyer votou aprol do acordo con mauritania , que coma vostede sabe mantera aos cefalopodeiros galegos naqueles caladoiros.por favor home,hoxe consumouse outra traizon a Galiza por parte de age , e o xudas de beiras caladiño.?sabes quen votou a favor da nosa Galiza¿,os trintaetanos deputados do grupo donde estaba Ana Miranda.PSOE e PP as duras caras da mesma moeda,IU/beiras o canto da mesma.

5 Ameneiro

reginodelapena, non vou duvidar do que dis, mas tamen podes deci-lo doutro xeito: O Grupo Os Verdes / Alianza Libre Europea votou en contra do acordo con Mauritania; grupo no que estivo a deputada do BNG, e na que está un deputado de ICV, que saiu nas listas de IU ao ir coaligados. Vaia, logo indo coaligado con IU, podes pertencer a outro grupo parlamentário europeo, e votar diferente segun os intereses que representas, creo que eso é un ponto a favor de Anova.

7 reginodelapena

Ameneiro,onte iu votou no congreso en madrid na contra da propossicion do dereito de autodeterminacion , apresentado polos tres partidos nacionalistas de esquerdas que representan as tres nacions sin estado asentadas dende tempos inmemoriabels na peninsula iberica.iu posicionouse,mais unha vez,dolado do españolismo mais rancio,e beiras caladiño coma un morto.

8 Ameneiro

Xa sei que está de moda aquelo de quen non está comigo, está na miña contra, mas os que un dia descobrimos que a tele podia-se ver en cor, aprendimos que os matices son importantes; eis que abster-se non é o mesmo que votar en contra. E por moito que o repitades, seguerá a ser unha mentira moi repetida, mas a mesma mentira.

9 Ameneiro

E cambiando de votación e de parlamento, non te salvas de que o teu comentario sobre a UE e IU eran unha MENTIRA, ou como mínimo unha nova non contrastada, Que finalidade procurabas, meu? Non así, que ICV forma parte do grupo parlamentario europeo no que estivo o BNG, e que saiu o seu eurodeputado nas listas de IU, mas pertenze a outro grupo parlamentario. Se seguise a tua lóxica, poderia lembrar-te certo apoio à presunta corrupta Magdalena Álvarez, mas non o vou facer.

8 Osdemospautos

Anova-Equo vai ser como o Club Privado de golf do fillo de Miss Coconut, Zeus, onde segregan á clase media ( alta). Izquierda Unida é a clase alta, estatal e española de pura raza, que lles di a estes pequenoburgueses galeguistas, xa che din de comer e aínda queres sobremesa?

1 eusi

Pequeno-burgueses? queres que che lembre quen ía mercar ás tendas mais cool de compostela na época do bi-partito?

2 Xurxo

Beiras seguro.

3 Piluco

Para cool en Santiago Xosé Manuel, Tereixa y Charín en el consulado

4 eusi

Sempre vos esquecedes dos vosos. Eran os da UPG, os que mais se facian ver nas tendas mais caras de compostela, a conta dos nosos impostos. Beiras non debe nada a ninguén, ten intelixencia abondo para obter unha praza de profesor na universidade, cousa que moitos mediocres da UPjajaja non saben nin o que é pq pouco mais sabes cás catro regras.

7 Xaniño

Anova coa boina na man, caéndolle ben aos españois...