Por Galicia Confidencial | | 08/10/2013 | Actualizada ás 09:52
O luns reuníronse Anova Irmandade Nacionalista e membros de Equo, dous dos partidos que conforman a coalición Alternativa Galega de Esquerda. O obxectivo da reunión era avanzar cara un pacto para as eleccións europeas da próxima primavera.
Por parte de ANOVA participaron Luís Eyré e Martiño Noriega, e de EQUO, Alejandro Sánchez, da dirección federal de Equo e director da Fundación Equo, Jesus Balidac e Rosa Rodríguez Sales de Equo Galicia.
Despois da xuntanza, ANOVA indica que "que constatamos unha grande coincidencia no diagnóstico e na necesidade de unir todas as forzas politicas e tamen a dos movementos cívicos para facer fronte á ditadura da Troika".
Alejandro Sánchez cualificou de "moi interesante" a proposta de ANOVA de fronte ampla. Rodríguez Sale informou tamén que no debate de Estado da Autonomía Equo Galicia presentaría 20 propostas de afiliados e simpatizantes a través dos deputados de AGE.
Parece pois que existen posibilidades de que haxa un acordo. ANOVA xa se reuniu cos outros dous socios de AGE -Esquerda Unida e Ecosocialistas- e nas dúas xuntanzas houbo avances. O quid da cuestión para o partido de Xosé Manuel Beiras segue a ser a oferta que ten sobre a mesa de ir canda o Bloque, pois o BNG desbota unirse tamén a forzas de ámbito estatal, como Equo e Esquerda Unida.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.