ANOVA e Equo ven "grandes coincidencias" cara as eleccións europeas

Por Galicia Confidencial | | 08/10/2013 | Actualizada ás 09:52

Comparte esta noticia

O luns reuníronse Anova Irmandade Nacionalista e membros de Equo, dous dos partidos que conforman a coalición Alternativa Galega de Esquerda. O obxectivo da reunión era avanzar cara un pacto para as eleccións europeas da próxima primavera. 

Martiño Noriega
Martiño Noriega | Fonte: AEGACA

Por parte de ANOVA participaron Luís Eyré e Martiño Noriega, e de EQUO, Alejandro Sánchez, da dirección federal de Equo e director da Fundación Equo, Jesus Balidac e Rosa Rodríguez Sales de Equo Galicia.

Despois da xuntanza, ANOVA indica que "que constatamos unha grande coincidencia no diagnóstico e na necesidade de unir todas as forzas politicas e tamen a dos movementos cívicos para facer fronte á ditadura da Troika".

Alejandro Sánchez cualificou de "moi interesante" a proposta de ANOVA de fronte ampla. Rodríguez Sale informou tamén que no debate de Estado da Autonomía Equo Galicia presentaría 20 propostas de afiliados e simpatizantes a través dos deputados de AGE.

Parece pois que existen posibilidades de que haxa un acordo. ANOVA xa se reuniu cos outros dous socios de AGE -Esquerda Unida e Ecosocialistas- e nas dúas xuntanzas houbo avances. O quid da cuestión para o partido de Xosé Manuel Beiras segue a ser a oferta que ten sobre a mesa de ir canda o Bloque, pois o BNG desbota unirse tamén a forzas de ámbito estatal, como Equo e Esquerda Unida.

Rolda de prensa de Xosé Manuel Beiras
Rolda de prensa de Xosé Manuel Beiras

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 29 comentarios

1 Spidercan

hua, hua, hua, hua. Isto non ten xeito ningún. Claro que sí. E logo, por que non o ías ter? É que non ten senso o de si están dacordo ou non. Claro que tendes que estar dacordo. E tínhades que vos xuntar para chegar a esa conclusión? Ou foi unha excusa para comer ben?