Outras dúas vítimas con covid deixan xa 2.381 falecidos

Son un home que morreu en Pontevedra e unha muller falecida na Coruña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2021 | Actualizada ás 21:13

Comparte esta noticia

Outros dous falecementos notificados este venres polas autoridades sanitarias da Comunidade elevan as vítimas mortais pola pandemia en Galicia a 2.381.

En concreto, Sanidade informa o falecemento dunha muller de 87 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña este xoves 22; e dun home de 88 anos no Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP) na xornada deste venres 23. Ambos tiñan enfermidades previas, segundo as autoridades sanitarias.

UCI. HOSPITAL VIRXE DAS NEVES
UCI. HOSPITAL VIRXE DAS NEVES

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta