As confrarías convocan para maio unha xornada de paro contra o regulamento de control pesqueiro da UE

Está por determinar a data.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 24/04/2021 | Actualizada ás 18:44

Comparte esta noticia

A Federación Galega de Confrarías chama a toda a frota artesanal e ao marisqueo a secundar unha nova xornada de paro en maio, nunha data aínda por determinar, a modo de protesta contra os cambios introducidos no regulamento de control pesqueiro da Unión Europea para establecer novos mecanismos de vixilancia.

A confraría de pescadores da Coruña fai un paro da frota artesanal en sinal de protesta contra o regulamento de control da UE
A confraría de pescadores da Coruña fai un paro da frota artesanal en sinal de protesta contra o regulamento de control da UE | Fonte: M. DYLAN - EUROPA PRESS.

Segundo informa a Federación de Confrarías, este foi o principal acordo alcanzado nunha xunta xeral extraordinaria celebrada este sábado, na que ademais se tivo en conta "o éxito de participación" alcanzado polo parón de actividade do pasado 26 de marzo.

Deste xeito, toda a frota galega artesanal e o marisqueo están convocados a participar nunha nova protesta para a que, no entanto, aínda non hai data definitiva. Ademais, a Federación prevé celebrar unha rolda de prensa o día anterior ao paro para explicar os motivos desta acción.

E é que o sector veu advertindo nas últimas semanas o seu posicionamento en contra deste novo regulamento europeo, que obriga ás embarcacións a rexistrar as súas capturas de forma electrónica e esixe que todas as naves de máis de catro metros estean xeolocalizadas, entre outros aspectos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta