A construción de parques eólicos non para: aberto o prazo de alegacións de dous na provincia da Coruña

O parque eólico Pedrabante e Berdoias afecta a municipios de Carballo, Tordoia, Val do Dubra, Trazo, Ordes, Vimianzo, Cerceda ou Carral, entre outros.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2021 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

Os proxectos eólicos seguen inzando Galicia. O Ministerio de Política Territorial e Función Pública vén de someter a información pública outros dous parques que afectan á provincia da Coruña. Trátase, por unha banda, do Parque Eólico Pedrabante, impulsado por Iberdrola Renovables Galicia e integrado por un total de 20 aeroxeneradorers de 107,5 metros de altura. Ubicado nos termos municipais de Carballo, Tordoia, Val do Dubra, Trazo, Vimianzo, Ordes, Cerceda e Carral, a potencia instalada alcanzaría os 90 MW. 

Parque eólico de Greenalia. GREENALIA - Arquivo
Parque eólico de Greenalia. GREENALIA - Arquivo

Pola outra banda, tamén se somete a información pública este mesmo luns o Parque Eólico Berdoias, construído igualmente por Iberdrola e cuxa infraestrutura, integrada por 17 aeroxeneradores de 107,5 metros de altura, supera os 76 MW de potencia. Os municipios afectados neste caso son Vimianzo, Muxía, Dumbría, Ordes, Cerceda, Santa Comba, Tordoia, Trazo, Val do Dubra, Zas e Carral.

O prazo de alegacións para ambos os parques remata o día 8 de xuño, segundo informa o colectivo veciñal Salvemos a Comarca de Ordes, que denuncia a través da súa páxina de Facebook a intención do Goberno de España e Xunta de Galicia de converter o país "nun polígono industrial para exportar electricidade e que grandes multinacionais fagan negocio". Con estes outros dous parques eólicos, a Comarca de Ordes suma xa un total de 14 proxectos a través dos cales se erguerán ata 147 aeroxeneradores. 

E máis parques eólicos para a Comarca: xa van 14, e suman un total de 147 aeroxeneradores!! Alá veña, que aquí o de...

Posted by Salvemos a Comarca de Ordes on Luns, 26 de Abril de 2021

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta