Feijóo aborda con empresas do audiovisual galego a posible achega de fondos europeos ao sector

O obxectivo é "consolidar" un sector audiovisual galego que conta cunha "importancia crecente" no panorama estatal e internacional.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2021 | Actualizada ás 18:09

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, resaltou que o 'hub audiovisual' converterase en "unha peza clave" para a consolidación do sector audiovisual en Galicia.

Así o destacou o mandatario autonómico este luns tras manter un encontro con cinco das grandes empresas do sector galego (Portocabo, CTV, Vaca Films, Ficción Produccións e Bambú) na que estivo acompañado polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez.

O encontro, segundo recolle un comunicado da Xunta, serviu para abordar o posible uso de fondos europeos para "consolidar" un sector audiovisual galego que conta cunha "importancia crecente" no panorama estatal e internacional.

A creación do 'hub audoviosual' foi outro dos puntos tratados. O proxecto entra dentro das iniciativas financiadas ao amparo do programa 'React', co que da Unión Europea busca "acelerar a reactivación" da economía.

O obxectivo deste 'hub' dedicado ao mundo audiviosual, que conta cun investimento de 9,6 millóns de euros, é "xerar sinerxías positivas" no sector a través de "un proceso colaborativo que permita incrementar as súas capacidades".

O seu desenvolvemento terá lugar ao longo da presente lexislatura --que conclúe en 2024--, aínda que xa se prevén accións para este ano, como o financiamento dos "mellores proxectos" para continuar "consolidando a boa imaxe" que ten a industria cinematográfica galega a nivel internacional.

Reunión de Alberto Núñez Feijóo con cinco das principais empresas do sector audiovisual galego. ANA VARELA / XUNTA / Europa Press
Reunión de Alberto Núñez Feijóo con cinco das principais empresas do sector audiovisual galego. ANA VARELA / XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta