Feijóo e Jiménez Losantos

As declaracións efectuadas por Alberto Núñez Feijóo na Radio Galega ao respecto do Estatuto andaluz, que considerou "españolista", mereceron a resposta do sempre polémico conductor radiofónico Federico Jiménez Losantos, quen criticou duramente ao presidente dos populares galegos.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 07/02/2007 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

Ademáis, a páxina web Libertad Digital adicoulle a Feijóo o seu editorial, no que tampouco se cortaron un pelo en arremeter contra el, incluso pedíndolle a dimisión do PP.

 Losantos xa chamara a Feijóo 'gallardonciño' e se preguntara 'de que escombrera ideológica' o tiña sacado Mariano Rajoy. Aínda así, despois dunha entrevista na que non lle sacudiu demasiado, no PP galego sorprendeulles os novos ataques de esta semana.

No PP cren que as críticas de Losantos poden desfavorecer a Feijóo, porque, aínda que non comparten a súa postura, recordan que "ten máis de 2 millóns de ointes" e non ven con bos ollos un enfrontamento.

De todos xeitos, parece que a cousa pode ir a peor porque desde a Cadena Cope xa lle teñen solicitado á Radio Galega a entrevista do pasado domingo, na que Feijóo falaba do Estatuto andaluz. Así que é previsible que nos próximos días La Mañana de Cope comece cun ataque a este novo perigo para a unidade de España.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 35 comentarios

5 Xosé Castro

Esteviño, cacho empanada a túa. O que pasa é que che molestan os escritos desa xente que citas, e que non tes argumentos mellores que expoñer, agás a propaganda, claro.

4 estevo das estrivadas

Alberto Núñez Feijoo é un españolista rancio. Do pior. Débese por enriba de todo á causa da “unidade de España” e á vasalaxe máis submisa aos seus amos de Madrid. Obviamente con dupla mensaxe –en función de a quen se dirixe- mais coerente co seu proxecto político. É revelador a este respeito coñecer as súas confidencias, en relación co proceso estatutario galego, naqueles meios de comunicación cos que realmente se identifica. Escollín tres: O diario electrónico “Libertad Digital”, o xornal “La Razón”, e a emisora radiofónica COPE, vinculada á Conferencia Episcopal Española. Puras alfaias.

Co ánimo de esclarecer a táctica e intencións reais do Partido Popular nese proceso, realicei un escolma, incompleta, de declaracións de Núñez Feijoo nestes meios, que retratan perfeitamente a fasquía ideolóxica deste persoeiro e da organización política que dirixe, así como o suposto “galeguismo” que o inspira. Velaí a proba:

• Sobre a proposta de preámbulo, recollendo a expresión “sentimento nacional”, explícao así no programa “La Mañana” da COPE: “Hay gente que lo tiene porque identifica la región con su cultura específica y su habla, sin que eso rompa con la nación española ni con la Constitución”(…) “Es una fórmula para decirle al Bloque Nacionalista Galego que se sume a la Carta Magna al añadir las palabras “dentro de la unidad de España””.

• Sobre o idioma galego, dá conta do seu compromiso “galeguista” en “Libertad Digital”, confesando a súa preocupación: “Se está intentando trasladar que en los primeros años de la infancia el idioma sea el gallego”. Atribúe este obxectivo democrático a, segundo el, “el complejo de inferioridad de los nacionalistas gallegos”. Conclusión: Defender o dereito inalienábel a que nenas e nenos galegos sexan escolarizados na lingua do país, é un acto que demostra complexo de inferioridade. Facelo na lingua imposta e ainda minoritaria, o español, supoñemos que será unha acción desinibidora e non alienante. Vaia galeguismo!! E non só iso: “Cualquier persona que sufra una discriminación por dirigirse en gallego a la administración tendrá el apoyo del PP. Quedamos obligados a este cumplimiento”. Os galegofalantes, por suposto, non temos dereitos, e moito menos receberemos o apoio do PP en caso de discriminación. A este paso, apresentarán no Parlamento unha “Lei de Imposición do Español”. Quero pensar que o PSOE non a apoie. Tampouco aseguro o contrario.

• “No respaldaré un texto que blinde competencias y que considere que la relación de Galicia con el Estado es bilateral”, afirma no xornal “La Razón”. Curiosamente, define como “inconstitucional” a competencia exclusiva de Galiza sobre o seu mar territorial (0-12 millas), cando os membros do PP na ponencia parlamentar tiñan aceitado esta consideración. Manda quen manda.

• Máis sobre o galego. Malia ao estabelecido de xeito expreso no Plano Xeral de Normalización da Lingua Galega, votado favorabelmente polo PP en Setembro de 2004, defende “la libertad de los diputados para utilizar el castellano en el Parlamento Gallego”.


Alguén ten algunha dúvida sobre a imposibilidade de chegar a algún acordo con estes señores do PP para o Estatuto de Galiza? Foron apresentados como herois pola imprensa madrileña máis rancia e reaccionaria. E síntense, como bos colonizados, orgullosos de agradar aos seus amos alá na Meseta. A título de reflexión final, non me quero nin imaxinar que pasaría de non existir nacionalismo na Galiza. Teríamos un Estatuto como o de Murcia. PP e PSOE pactarían sen escrúpulos calquer cousa que non significase un problema para España. Afortunadamente está o BNG.

Por último, un consello/confesión. Neses momentos de indecisión ou dúvida, nada mellor que acudir a “La Razón”, a COPE, Xavier Navaza, Blanco Valdés, Carlos Luis Rodríguez ou “Libertad Digital” para sairmos máis reforzados e reafirmados ideoloxicamente. Sen que eles o saiban, teñen emprestado grandes servizos ao nacionalismo galego durante todo este proceso. As súas análises sectarias e racistas, a súa manipulación torpe, a súa ignorancia e desprezo co noso, enfin, a súa soberbia antigalega, téñenlle aberto os ollos a máis dun. Obrigado.

http://www.gznacion.com/bieitolobei...

3 Farto de Vassalos

E que caralho nos importa o que digam os radiopredicadores neofascistas? Bem por Feijóo.

2 Nygard

Non pasa nada, Feijoo dirá o que queiran oir en Madrid e xa está.

O lado positivo desto é que ponse de manifesto que afortunadamente en Galiza non vale o discurso antisistema que domina agora no PP "nacional".

1 Nygard

Non pasa nada, Feijoo dirá o que queiran oir en Madrid e xa está.

O bo desto é que afortunadamente en Galiza non vale o discurso antisistema que domina agora no PP "nacional".