A comarca do Carballiño será o escenario de 'Malencolía', o novo filme de Alfonso Zarauza

A comarca do Carballiño será o escenario da rodaxe de 'Malencolía', a nova película do director Alfonso Zarauza producida por Maruxiña Filme Company e realizada integramente en galego.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 04/05/2021 | Actualizada ás 18:53

Comparte esta noticia

A comarca do Carballiño será o escenario da rodaxe de 'Malencolía', o novo filme do director Alfonso Zarauza producido por Maruxiña Filme Company e realizada integramente en galego. Precisamente, este martes, o presidente provincial de Ourense, Manuel Baltar, asinou xunto co director un acordo de colaboración para a rodaxe desta longametraxe.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, firma co director de cinema Alfonso Zarauza un acordo para a rodaxe da película 'Malencolía'. DEPUTACIÓN / ALBERTE PAZ GARZA / Europa Press
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, firma co director de cinema Alfonso Zarauza un acordo para a rodaxe da película 'Malencolía'. DEPUTACIÓN / ALBERTE PAZ GARZA / Europa Press

A película, que comezará a filmarse o próximo 17 de maio en localizacións dos concellos de Irixo e Boborás e terminará cara a finais do mes xuño, conta a historia dunha parella galega (Xulio Abonjo e Melania Cruz) que, despois de 10 anos vivindo en Berlín, deciden dar un novo rumbo á súa vida regresando a Galicia. Con este obxectivo, compran unha casa nunha aldea que consideran abandonada pero na que vive unha señora coa que manterán unha estraña relación.

Alfonso Zarauza, que se fixo con nove premios pola película Ons nos Mestre Mateo, expuxo que a súa nova obra mesturará os xéneros do terror coa comedia abordando temáticas "que se utilizaron moito na literatura e na cultura galega pero que teñen pouco uso no cinema actual", pondo como exemplo "a tradición literaria e cultural dos contos de medo".

Así mesmo, o director subliñou o feito de que a produción é integramente ourensá. Así, sinalou que o propio título, 'Malencolía' "é un concepto do poeta ourensán Curros Enríquez que define un estado de ánimo precioso: a felicidade de estar triste".

Ademais, o triunfador dos Mestre Mateo, destacou "o talento galego que se está visibilizando tanto a nivel nacional como internacional" agradecendo o "acertado apoio" que a Deputación de Ourense presta ao cinema, "porque apostar pola cultura non só enriquece espiritualmente, senón que tamén xera riqueza económica e iso fai poderoso a un país".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta