Gonzalo Caballero anuncia que o PSdeG pedirá a construción dunha residencia para maiores en Boiro

"Os socialistas sabemos gobernar para a xente en momentos de pandemia", reivindicou o secretario xeral do PSdeG tras reunirse co rexedor de Boiro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/05/2021 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, avanzou que a súa formación levará á Cámara galega a construción dunha residencia pública de maiores en Boiro para que "o PP teña que dicir se apoia a petición dos veciños" ou se "lle dá as costas aos maiores".

Así se pronunciou o xefe de filas dos socialistas galegos durante unha visita realizada este xoves a este municipio coruñés, no que instou á Xunta a "que se comprometa" cun modelo de atención de maiores que "priorice as residencias públicas e aborde outros modelos de atención".

Na visita, así mesmo, Gonzalo Caballero puxo en valor o papel que realiza o alcalde de Boiro, José Ramón Romeu, á fronte do municipio. "Os socialistas sabemos gobernar para a xente en momentos de pandemia", reivindicou tras reunirse xunto ao rexedor co colectivo que pide a construción dunha residencia pública neste concello.

"Despois da pandemia vemos a importancia de atender aos maiores con calidade asistencial", sinalou o dirixente socialista, que apuntou que moitos "teñen pensións pequenas e dificultades para conseguir no marcado privado unha praza de residencia".

ALCALDE DE BOIRO

Pola súa banda, o alcalde de Boiro mostrou o seu agradecemento ao máximo dirixente do PSdeG por interesarse polas demandas do municipio e, concretamente, polo seu respaldo ao proxecto da residencia pública en Boiro.

Neste sentido, Romeu incidiu na importancia desta infraestrutura para o municipio que ademais está amparada por unha plataforma de maiores que recolleron case 3.000 firmas para reivindicar o proxecto. "Temos os terreos e o proxecto", sinalou o alcalde, que urxiu á Xunta unha aposta por esta residencia.

Na súa visita, Gonzalo Caballero tamén fixo unha parada no municipio de Ribeira, onde estivo acompañado polos compañeiros da agrupación socialista e polo portavoz municipal, Manolo Vilas.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na súa visita a Boiro. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na súa visita a Boiro. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta