Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/05/2021 | Actualizada ás 14:40
Santiago acolleu este venres unha mobilización para esixir a continuidade de todo o persoal de servizos auxiliares e de atención ao cliente de Renfe.
O sector ferroviario d CC.OO. e CGT participaron na concentración, ante a estación de tren compostelá, para esixir o mantemento do emprego nun servizo que na actualidade prestan empresas privadas.
Ducias de persoas protestaron nas escaleiras da terminal santiaguesa para reivindicar a subrogación dos traballadores afectados.
"Desde que o grupo Renfe anunciou a posibilidade de asumir os traballos de servizos en terra e servizos auxiliares e de atención ao cliente a través da súa filial LogiRAIL, CC.OO. non deixou de esixir que o proceso garantise os postos de traballo e as condicións laborais apostando polo emprego público sempre que non implique precarización", subliña esta central.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.