Gonzalo Caballero contrasta a política de "brazos caídos" da Xunta coa do Goberno central

O secretario xeral do PSdeG insiste en que "a Xunta non pode seguir de brazos caídos. As pequenas empresas e os autónomos necesitan apoio para poder reabrir".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/05/2021 | Actualizada ás 15:15

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reclama este domingo á Xunta de Alberto Núñez Feijóo que articule un plan de reapertura de "pequenos negocios que pecharon por mor da pandemia" da covid-19.

En declaracións remitidas aos medios, o líder socialista contrasta a política de "brazos caídos" da Xunta coa do Goberno de España, xa que nas próximas semanas chegarán "máis de 200 millóns de euros en axudas directas" para pequenas empresas e autónomos galegos.

Por iso, Gonzalo Caballero considera que o Executivo autonómico debe aprobar "inmediatamente" un programa de reapertura de negocios que tiveron que pechar polo coronavirus, co obxectivo de xerar emprego e que as familias "teñan ingresos mes a mes".

"A Xunta non pode seguir de brazos caídos. As pequenas empresas e os autónomos necesitan apoio para poder reabrir", insistiu.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa.. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa.. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta