(Vídeo) O xabarín "iron man" que ataca un parque eólico

Unha recreación amosa, en clave de humor, a nova loita que se libra no rural galego; a oposición dos megaparques eólicos.

Por Galicia Confidencial | Compostel | 09/05/2021 | Actualizada ás 20:40

Comparte esta noticia

Porquins Show acaba de publicar na súa canle de Youtube Televejo da Galiza unha nova entrega dos xabaríns de trapo. Unha serie que, en clave de humor, chama a atención sobre distintas problemáticas.

Pantallazo da produción de Televejo da Galiza con 'The porquins show' loitando contra os eólicos
Pantallazo da produción de Televejo da Galiza con 'The porquins show' loitando contra os eólicos

Hai uns días anunciaron, a través dun teaser, a súa nova produción:

E este domingo, e baixo o título "Cando querem ponher eólicos cos vizinhos em contra -The Porquins Show- Stop eólicos Iron Man parody", Televejo da Galiza, pubicou unha curiosa parodia na que xabaríns, gatos, cans ou porcos de trapo opóñense a un parque eólico duns contratistas koalas --- en alusión ao animal orixinario de Australia adaptado aos eucaliptos--. 

Finalmente, é un porco bravo, o que caracterizado como un "iron man" acaba destruíndo os parques eólicos. O vídeo está adicado a "todos os que loitan polos nosos montes" :

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Assembleia Galega

Já saíu o Iron Pork II