A CIG descólgase do convenio estatal de industria química por "non recoller melloras" para os traballadores

A central acusa á patronal de pretender "aproveitarse" da pandemia e "avanzar na precaridad" do sector.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2021 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

A CIG descolgouse do convenio estatal de industria química asinado o pasado luns pola patronal e os sindicatos UGT e CC.OO., e que, segundo a central nacionalista, "non recolle melloras significativas das condicións laborais e económicas dos traballadores".

Así o manifesta a CIG nun comunicado remitido aos medios este martes, no que xustifica a súa postura contraria a un convenio que consideran "unha simple adaptación do texto á normativa actual".

Deste xeito, a executiva de CIG-Industria cre que o novo marco laboral para o sector "non recolle ningunha mellora substancial" en materia de conciliación, xornada, limitacións á contratación temporal e parcial ou "eliminación" das ETT.

A central nacionalista tamén bota en falta a fixación de garantías de condicións salariais e de xornada para as empresas subcontratadas, unha regulación do teletraballo "máis garantista" ou que se recoñezan cláusulas de subrogación.

Ademais, ven "inxustificable" que a modificación da clasificación profesional, un asunto "fundamental" para as condicións económicas dos traballadores do sector, quede fóra do convenio e patronal e sindicatos acorden abordala nunha comisión posterior.

"APROVEITARSE" DA PANDEMIA

En definitiva, a CIG acusou ás asociacións empresariais de aproveitarse da pandemia para "avanzar na precarización das condicións" dos seus empregados.

"Moitos dos sectores nos que se aplica o convenio non están afectados (pola crise sanitaria) ou mesmo algúns, como a actividade farmacéutica, viron incrementada a súa facturación no último ano", denuncia a central nacionalista.

Simulacro gravado no vídeo realizado por Divulgare para o proxecto europeo MARINER sobre como implementar protocolos de resposta fronte a verteduras químicas no mar
Simulacro gravado no vídeo realizado por Divulgare para o proxecto europeo MARINER sobre como implementar protocolos de resposta fronte a verteduras químicas no mar | Fonte: UVigo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta