Ás voltas co incidente dos carteis

Hoxe volvernnos comentar que hay máis informacións relacionadas co incidente dos carteis na Vicepresidencia...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 16/02/2007 | Actualizada ás 21:36

Comparte esta noticia

Por petición dos interesados retiramos certa información, aínda que confirmamos por otras fontes que na Vicepresidencia cren que existe unha campaña organizada por varios medios de comunicación coa axuda dalgúns departamentos socialistas da Xunta, principalmente o da Presidencia.

De feito, o acontecido polo cambio de carteis, tal e como xa avanzamos o outro día, fixo intervir ao propio Méndez Romeu e mesmo ao vicepresidente Quintana. Ambos os dous mantiveron unha conversa sobre este asunto que tensionou as relacións do bipartito.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

9 cadaquen

Así que todo ten que ver cunha confabulación dos medios afins o Psoe. E digo eu, non segue a ser Losada contertulio na Cadena Ser, único medio que lle presta atención sábado sí, sábado non?
Se fose así, como se explica que O Pais e a SER non fosen da man neste tema?
E si a campaña (de habela) non tivera tanto que ver co PSOE e sí cun sector do BNG que empeza a estar farto das falcatruadas de Antón Losada.
Deixóo caer por si ó sentido común se lle dera algún día por aparecer por esta páxina. Apertas para todos.

8 lagaitaenlacabeza

Amigo estevo, de verdad, sin defender a mendez romeu, que es un fulano que me trae al pairo, aquí creo que la actitud de Losada es intolerable. Por otro lado, xosé castro, no el acudir al insulto sólo demuestra falta de argumentación, aunque bueno, tú mismo

7 Onde vai o muiño da Agra?

Domus e Acuario non son obra de Romeu.

6 galego do común

O señor Mendez Romeu foi o concelleiro de cultura en La Curuña moitos anos. Amigho de Paco Vázquez, socialista nada autoritario nen gostoso do poder. De mendez Romeu foi a cultura cateta e provinciana de suntuosidade, de Forums metropolitanums, domus, aquariums, coliseums e todo o neoclásico que queirades, que fan da Coruña coma o París napoleónico, o imperio sempre gustou do neoclásico. Sobre este señoriño non me veñades a estas alturas a falar de que se queixe de abuso de autoridade de ninguén que todos nos coñecemos.
O único problema é que no PSOE por manter o poder en algúns municipios, mantiveron no partido a xente que nin é socialista, nin galeguista , nin de esquerdas. E esta xente vé ó BNG coma un concelleiro do PP nunha parroquia do rural, coma herexes, comunistas e con cornos. E así, é difícil o diálogo. Do resto.. propaghanda e diso ¿que lle imos explicar ós socialistas que non saiban?.

5 ollodevidro

Non fai falla preguntarlle aos amigos de ninguén, ese señor é coñecido polo seu "tacto" ao tratar co personal. ¿Lembrádevos do parón de funcionarios, das baixas por estrés, etc...?