O instituto santiagués Xelmírez II, onde impartiu clase Xela Arias, súmase á homenaxe á escritora

Por E.P. | Santiago de Compostela | 18/05/2021 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

O instituto santiagués Xelmírez II, no que impartiu clase Xela Arias, sumouse este martes ás homenaxes que a sociedade galega rende á protagonista do Día das Letras Galegas 2021, celebrado o pasado luns.

Xela Arias
Xela Arias | Fonte: RAG.

Este martes tivo lugar a inauguración da xornada organizada polo instituto compostelán, onde a escritora traballou no curso 1999-2000.

O programa de actividades do centro inclúe unha conferencia a cargo de María Xesús Nogueira, biógrafa de Xela Arias e editora do volume que recompila a obra poética completa da autora sarriá.

Ademais, o instituto tamén organiza actividades que van desde a elaboración de videopoemas que serán proxectados en zonas comúns do centro na representación do espectáculo escénico 'Vencerse é cousa de se tratar'.

Esta proposta recupera, desde unha formulación que axunta música e poesía baixo a dirección de Avelino González e coas interpretacións de Fernando Abreu, Pablo Carreira e Mónica de Nut, o proxecto 'Intempériome', última obra publicada en vida de Xela Arias, que non puido materializar o seu desexo de levala aos escenarios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta