O BNG urxe ao Goberno a recuperar "todas as frecuencias" de trens en Galicia e a baixar os prezos das tarifas

O deputado nacionalista Néstor Rego remarca que a "escaseza" de oferta de mobilidade repercute no "éxodo" que padece o interior galego.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/05/2021 | Actualizada ás 19:11

Comparte esta noticia

O BNG urxe ao Goberno a recuperar "todas as frecuencias" de trens en Galicia que foron suspendidas por motivo da pandemia, así como a aplicación dunha baixada de prezos nos billetes dos trens Avant que conectan as principais cidades galegas.

Nun comunicado, o deputado nacionalista Néstor Rego avanzou a presentación dunha batería de iniciativas no Congreso para instar á Administración central a retomar estas liñas afectadas pola redución de oferta xustificada pola caída de viaxeiros durante a crise santiaria.

Para Rego, a suspensión de frecuencias en liñas como a que une Ourense e A Coruña son "consecuencia" dun  "modelo centralista que prima as conexións con Madrid en lugar de conectar as principais vilas e cidades de Galicia". "Esta liña é necesaria para os numerosos desprazamentos diarios de traballadores e traballadoras, así como de estudantes que se desprazan ata a Universidade de Santiago ou Coruña", remarcou o parlamentario frontista, que advirte de que a "escaseza" de oferta de mobilidade repercute no "éxodo" que padece o interior galego.

"Sen conexións co resto de cidades e vilas, tanto estudantes como traballadores e traballadoras vense obrigados a marcharse á cidade ou vila onde traballan", aseverou Rego, que demanda unha baixada de prezos nas tarifas de trens en Galicia.

Para apoiar a súa reivindicación, o deputado sinala a posta en marcha dos trens AVLO, que permitirán cubrir traxectos como Madrid-Barcelona ou Madrid-Valencia por 27 ou 18 euros, "o mesmo prezo que lle custa a un ourensán coller un tren de Ourense a Santiago".

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, intervén nunha sesión plenaria no Congreso dos Deputados, a 20 de abril de 2021, en Madrid, (España). No pleno de hoxe debateranse, entre outras, estas Proposicións de Lei: o plan de medidas e. EUROPA PRESS
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, intervén nunha sesión plenaria no Congreso dos Deputados, a 20 de abril de 2021, en Madrid, (España). No pleno de hoxe debateranse, entre outras, estas Proposicións de Lei: o plan de medidas e. EUROPA PRESS | Fonte: J. Hellín. POOL - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 anonimo

O tren fai Ourense - Santiago en 38 minutos. Imposible de facer pola autopista, como non vaias a 200 por hora. E unha virguería.

1 anonimo

Hai billetes no Avant de Ourense a Santiago a 8 e a 14 euros.