Os bares sen licenza de restaurante que sirvan comidas poderán abrir ata a unha da madrugada, pero con medidor de CO2

A nova norma entrará en vigor este sábado ás 00.00.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 20/05/2021 | Actualizada ás 19:31

Comparte esta noticia

O comité clínico que asesora á Xunta aceptou a proposta para que bares de tapas e establecementos similares, sen licenza de restaurante pero que ofrezan comidas, poidan atender ao público ata a 1 da madrugada.

Terrazas de bares da Coruña o mesmo día en que entraron en vigor novas medidas na hostalaría galega, a 8 de maio de 2021
Terrazas de bares da Coruña o mesmo día en que entraron en vigor novas medidas na hostalaría galega, a 8 de maio de 2021 | Fonte: M. Dylan - Europa Press.

Ata agora, este horario só o tiñan concedido os locais de hostalaría con licenza de restaurante, o que primeiro lles facilitou abrir ata as 23 horas e, tras o levantamento do toque de queda, ata a 1 da madrugada.

Con este acordo, que ten que ser agora publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) e que entrará en vigor o sábado ás 00.00, segundo a información facilitada este xoves pola Xunta, agora tamén se estenderá o horario aos locais como taperías ou casas de comidas.

Iso si, vaise manter o mesmo tipo de requisitos que xa se esixían aos restaurantes: medidor de CO2 e rexistro de clientes. Os restaurantes tamén teñen instaurada a cita previa e a reserva.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta