Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/05/2021 | Actualizada ás 18:07
Todo o Parlamento galego instou -nunha iniciativa do Bloque- a que se destinen fondos da Xunta, Estado e a UE para apoiar aos sectores dobremente afectados polo impacto da covid e o peche das fronteiras entre Galicia e Portugal.
Esta proposta, defendida por Noa Presas (BNG) e aprobada este venres tras unha transacción na comisión de Economía, tamén insta á Xunta a promover un estudo, en colaboración co sistema universitario, para coñecer o impacto do peche de fronteiras nos municipios transfronteirizos. Igualmente, demanda a dotación de fondos europeos de reconstrución para investimentos transfronteirizos que supoñan a reactivación económica destes territorios afectados.
"Todos compartimos a necesidade de asegurar a seguridade sanitaria, pero o peche indiscriminado de pasos fronteirizos, sen contemplar solucións para traballadores e empresas, resultou excesivamente gravoso", apuntou a este respecto o deputado popular Alberto Pazos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.