Chega unha nova edición do Corufest, que tratará de visibilizar a liberdade afectivo-sexual

O Festival de Artes Escénicas Coruña Fest comeza este sábado na cidade herculina e prolongarase ata o 30 de maio.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 21/05/2021 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

A Coruña acolle desde este sábado e ata o 30 de maio a cuarta edición do Festival de Artes Escénicas Coruña Fest, segundo informou a concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, na presentación da programación.

Neira explicou que a mesma mesturará o talento local con artistas do panorama nacional e internacional para visibilizar a liberdade afectivo-sexual a través das distintas manifestacións artísticas.

O programa comezará coa posta en escena, ás oito, no Centro Ágora de "Tránsitos", a obra teatral na que David Teixidó reflexiona sobre situacións reais como a vellez, o VIH ou o cancro.
Pola súa banda, Samantha Hudson dará un concerto o domingo e Valeria Veigas, autora da biografía de "Las memorias de la Veneno", falará do seu traballo os días 28 e 29.

Ademais, o violinista Aaron Lee presentará o 29, ás oito, no Teatro Colón o seu espectáculo. Haberá tamén tres xornadas "Xanelas" de coloquio do 24 ao 26 sobre cuestións como a sexualidade, igualdade ou identidade.

A edil de Benestar Social, Yoya Neira, presenta a programación do festival Corufest. CONCELLO DA CORUÑA
A edil de Benestar Social, Yoya Neira, presenta a programación do festival Corufest. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta