Denuncia unánime no Parlamento ante a falta de conectividade dixital nos concellos

Tamén reclaman ante a Administración central que conte coas achegas de Xunta e entidades locais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2021 | Actualizada ás 18:29

Comparte esta noticia

Os grupos con presenza na Cámara galega uníronse este xoves para denunciar a "nula ou insuficiente" conectividade a servizos dixitais que aínda padecen moitos núcleos de poboación nos 313 munipicios de Galicia.

A iniciativa, promovida polo Grupo Popular, saíu adiante cos votos de todos os grupos (BNG e PSdeG, ademais do PP) na Comisión 6ª do Parlamento de Galicia, celebrada este xoves.

Neste sentido, a proposición non de lei acorda trasladar esta denuncia ante o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación, ao que os grupos instan a "priorizar o despregamento de banda ancha" nas "zonas brancas" de áreas pouco poboadas e tamén naqueles puntos que non contan con esa catalogación pero "o son de facto".

Así mesmo, tamén reclaman ante a Administración central que conte coas achegas de Xunta e entidades locais cuxo traballo, como institucións "máis próximas á realidade e mellor coñecedoras das necesidades" do territorio no que se asintan, pode permitir actuar de mellor forma para eliminar a "fenda dixital".

Comisión Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior do Parlamento de Galicia. PARLAMENTO DE GALICIA
Comisión Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior do Parlamento de Galicia. PARLAMENTO DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta