O 26% dos galegos xa ten a pauta vacunal completa e máis do 50% polo menos unha picada

A maioría das doses administradas este xoves foron para completar a inmunización.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2021 | Actualizada ás 12:12

Comparte esta noticia

O proceso de vacinación fronte á Covid-19 avanza en Galicia e xa 618.119 galegos contan coa pauta vacunal completa -máis do 26% da poboación-, mentres que máis do 50 por cento da poboación susceptible de vacinarse ten polo menos unha picada.

Así se reflicte nos datos actualizados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade-con rexistros ata o peche da xornada de vacinación deste xoves- no 'Cronómetro de vacinación', recollidos por Europa Press, nos que se indica que foron administradas 1.793.163 doses -6.017 máis que a xornada anterior- das 1.881.335 recibidas, que supoñen o 95,31 por cento.

No conxunto de Galicia 4.677 persoas máis contan coa pauta vacunal completa, polo que se deduce que das máis de 6.000 doses administradas este xoves a maioría foron para completar a inmunización.

Por grupos de poboación vacinados por condición de vulnerabilidade, administrouse polo menos unha dose a 13.830 persoas de alto risco (+61) e 12.288 completaron a pauta (+232); mentres que 17.649 dependentes non institucionalizados recibiron polo menos unha dose (+90) e 16.032 contan coa pauta completa (+125).

Tamén aumentan a 23.796 as persoas institucionalizadas que recibiron polo menos unha picada (+16) e a 23.185 as que finalizaron o proceso (+10).

Entre os vacinados por probabilidade de exposición, 76.070 traballadores do ámbito sanitario recibiron polo menos a primeira picada -sen cambios-- e 57.090 completaron o proceso (+167). Ademais, administrouse polo menos a primeira inxección a 30.028 profesionais do ámbito sociosanitario e 20.143 contan coa pauta completa -sen cambios-.

Ademais, recibiron polo menos unha dose da vacina contra a Covid 65.266 traballadores esenciais (+55) e 2.385 completaron o proceso (+27). En canto ás persoas que se vacinaron pola súa idade, hai 971.608 galegos aos que se administrou polo menos unha dose (+3.853) e 486.996 contan coa pauta completa (+3.858).

GRUPOS DE IDADE

Por grupos de idade, vacináronse 130.482 persoas maiores de 85 anos (+126); 95.497 de 80 a 84 anos (+59); 132.797 de 75 a 79 anos (+227); 150.204 de 70 a 74 anos (+525); 150.163 de 65 a 69 anos (+296); 168.146 de 60 a 64 anos (+160); 174.596 de 55 a 59 anos (+1.754) e 79.327 de 50 a 54 anos (+190).

Por iso, ata a data recibiron polo menos unha dose 1.081.212 persoas maiores de 50 anos en toda Galicia, que supoñen un 84,67% das susceptibles de vacinarse a partir desa idade.

A elas engádense 31.022 persoas de 45 a 49 anos (+68), 27.972 de 40 a 44 anos (+73); 20.370 de 35 a 39 anos (+49); 16.365 de 30 a 34 anos (+46); 13.365 de 25 a 29 anos (+46); 7.296 de 20 a 24 anos (+117; 727 de 15 a 19 anos (+18) e un do grupo de 10 a 14 anos (sen cambios).

Así, ata o momento 1.198.249 persoas recibiron polo menos unha dose da vacina no conxunto de Galicia, 3.755 máis que a xornada anterior, que supoñen un 50,71 por cento da poboación a vacinar.

Un mozo acode a recibir unha dose da vacina de AstraZeneca no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, a 27 de maio de 2021.. Rosa Veiga - Europa Press
Un mozo acode a recibir unha dose da vacina de AstraZeneca no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, a 27 de maio de 2021.. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta