Máis do 28% da poboación galega a vacinar xa está inmunizada contra a Covid-19

Máis do 51% recibiu polo menos unha dose.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/05/2021 | Actualizada ás 12:25

Comparte esta noticia

Galicia suma 3.772 persoas inmunizadas contra a Covid-19 tras alcanzar as 672.243 con pauta completa despois das 3.780 doses administradas este domingo. Iso supón que o 28,45% da poboación a vacinar no conxunto da Comunidade galega xa finalizou o proceso.

Así se reflicte nos datos actualizados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata o peche da xornada de vacinación do domingo, recollidos por Europa Press, nos que se indican que se administraron 1.855.918 doses, que supoñen 3.780 máis que a xornada anterior, o 97,57% das 1.902.035 recibidas por Galicia ata o momento.

Diso dedúcese que a xornada deste domingo estivo dedicada a completar pautas entre os galegos chamados a vacinar -que alcanzan o 28,45%-. No conxunto de Galicia o 51,1 por cento desta poboación recibiu polo menos unha dose ata a data.

Por grupos de poboación vacinados por condición de vulnerabilidade, administrouse polo menos unha dose a 13.899 persoas de alto risco e 12.386 completaron a pauta; mentres que 17.664 dependentes non institucionalizados recibiron polo menos unha dose e 16.122 contan coa pauta completa.

Así mesmo, 23.802 persoas institucionalizadas recibiron polo menos unha picada e a 23.200 finalizaron o proceso, neste caso tamén sen cambios.

Entre os vacinados por probabilidade de exposición, 75.106 traballadores do ámbito sanitario recibiron polo menos a primeira picada e 59.752 completaron o proceso (+1.000). Ademais, administrouse polo menos a primeira inxección a 29.027 profesionais do ámbito sociosanitario e 21.136 contan coa pauta completa (+466).

Tamén recibiron polo menos unha dose da vacina contra a Covid 65.116 traballadores esenciais e 2.469 completaron o proceso (+38). En canto ás persoas que se vacinaron pola súa idade, hai 982.871 galegos aos que se administrou polo menos unha dose (+2.272) e 537.178 contan coa pauta completa (+2.268).

GRUPOS DE IDADE

Por grupos de idade, vacináronse 130.489 persoas maiores de 85 anos; 95.501 de 80 a 84 anos; 132.815 de 75 a 79 anos; 150.226 de 70 a 74 anos; 150.190 de 65 a 69 anos; 168.175 de 60 a 64 anos ; 175.295 de 55 a 59 anos (+51) e 87.484 de 50 a 54 anos (+10).

Por iso, ata a data recibiron polo menos unha dose 1.090.175 persoas maiores de 50 anos en toda Galicia, que supoñen un 85,37% das susceptibles de vacinarse a partir desa idade.

A estas súmanse 31.108 persoas de 45 a 49 anos; 28.049 de 40 a 44 anos; 20.426 de 35 a 39 anos; 16.404 de 30 a 34 anos; 13.320 de 25 a 29 anos; 7.283 de 20 a 24 anos; 731 de 15 a 19 anos e un do grupo de 10 a 14 anos.

Deste xeito, ata o momento 1.207.497 persoas recibiron polo menos unha dose da vacina no conxunto de Galicia, sete máis que a xornada anterior, que supoñen un 51,1 por cento da poboación a vacinar no conxunto da Comunidade Autónoma.

Unha muller recibe unha dose da vacina de AstraZeneca no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, a 27 de maio de 2021.. Rosa Veiga - Europa Press
Unha muller recibe unha dose da vacina de AstraZeneca no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, a 27 de maio de 2021.. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta