A Confederación Pirata tamén vai ás europeas

Esta plataforma dos partidos pirata do estado formará parte da "primeira candidatura paneuropea". O seu obxectivo; defender os dereitos fundamentais, a loita contra a corrupción e a participación cidadá.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/11/2013 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Os "piratas" tamén queren ter escano en Europa. Por iso, partidos pirata de todo o estado crearon a Confederación Pirata, para presentarse nunha candidatura conxunta ás elecciones ao Parlamento Europeo, xunto cos demais partidos pirata de toda a UE. A candidatura European Pirates, da que formará parte a confederación, acudirá ás eleccións cun programa común en todos os países. Este programa estase redactando coa colaboración de cidadás de todo o continente, principalmente gracias ao uso das novas tecnoloxías e Internet.

Bandeira do movemento pirata
Bandeira do movemento pirata

"A confederación vai formada por nodos en todo o territorio, funciona de xeito plenamente horizontal e son plenamente autónomos en todo aquilo que non atente contra os Dereitos Humanos, a transparencia ou a participación cidadá, base do Ideario Pirata. "Esiximos democracia directa e transparencia en todos os niveis da Unión Europea, dende o Parlamento Europeo ata os concellos", explica Isabel Fernández, voceira dos Piratas de Galicia.

Por iso, irmandada cos partidos pirata de todo o mundo, a Confederación Pirata participa activamente na redacción do primeiro programa europeo común, que será a base da candidatura unitaria para as próximas eleccións europeas. "Toda persoa está invitada a achegar ideas e dar a coñecer as súas iniciativas ao movemento internacional pirata. Rexémosnos polo principio dunha persoa, un voto", afirma Francisco Javier Martín, voceiro dos Piratas de Madrid.

O movemento pirata naceu en 2006 en Suecia. Fundado para loitar polos dereitos fundamentais, a participación cidadá e a transparencia. Na actualidade está presente en 68 países artellándose en Europa como European Pirates, formado por preto de 100.000 persoas de 34 países, e con representación no Parlamento Europeo, cámaras estatais, rexionais e concellos, sendo especialmente visible na Alemaña, Suecia, República Checa e Islandia.

Implantación menor

No Estado español a súa implantación é menor. Por iso, decidiron configurar unha confederación. "É a unión de asembleas horizontais, con democracia de base e sen xerarquías que impoñan ou restrinxan a liberdade dos seus membros, transparentes e que enarboran a bandeira dos Dereitos Humanos" explica Ángel Vázquez, dos Piratas de Extremadura, que engade que son cidadás "organizados contra a partitocracia, a corrupción e os recortes en dereitos sociais".

En todo caso, en Cataluña os seus afiliados xa superan os 1.000. Kenneth Peiruza dos Pirates de Catalunya, suliña que están "a tecer redes para cambiar o sistema cara un máis humano, transparente e totalmente participativo, onde o poder resida realmente na cidadanía. Queremos facer da Unión Europea a Europa das persoas, non a dos mercados".

Traballando pola liberdade

Os últimos anos, os membros da Confederacion Pirata denunciaron as barreiras electorais con Yo Avalo, plataforma que se compartíu con todos os partidos respectuosos co ideario pirata, e gracias ao que se puideron canalizar os avais de decenas de miles de persoas, permitindo participar nas Eleccións Xerais do 2012 a outros 32 partidos, entre eles EQUO e Escaños en Branco.

Ademais, evitaron o bloqueo de Wikileaks, proporcionaron métodos seguros de comunicación para os activistas da Primaveira Árabe, denunciando as reformas do Código Penal de Gallardón, o canon dixital ou a lei Sinde-Wert, e tamén os casos de espionaxe da NSA publicados por Edward Snowden e Wikileaks con AntiPRISM e aportado solución ás dificultades para mercar libros escolares por parte de moitas familias coa iniciativa Parents2Parents.

Tamén desenvolven ferramentas de participación cidadá, usadas por outros colectivos e partidos como Liquid Feedback, empregada polo movemento italiano Movimento 5 Stelle. Esta filosofía é a que inspira o funcionamiento da Confederación Pirata e é ofrecida a toda ONG, sindicato ou partido que respecte os dereitos fundamentais e a participación cidada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

1 OLA K AGE

3ª crise gordísima en ANOVA despois das expulsions de Redondela e a dupla asemblea de Ferrol. http://www.lavozdegalicia.es/notici...