Rueda sobre o fallo do Tribunal Constitucional sobre a amnistía ao 'procés': "É a antesala de desigualdades"

En concreto, o Constitucional avala a lei de amnistía destinada a borrar os delitos cometidos no marco do proceso independentista catalán, que alcanzou o seu clímax co 1-O, ao concluír que a medida de graza non está prohibida na nosa Carta Magna e que persegue unha finalidade lexítima, descartando a "autoamnistía".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 26/06/2025 | Actualizada ás 14:49

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, considerou que o fallo do Tribunal Constitucional (TC) que avala --cos seis votos a favor da maioría progresista e os catro en contra da minoría conservadora-- a amnistía ao 'procés' será a "antesala de desigualdades" entre as comunidades autónomas.

En concreto, o Constitucional avala a lei de amnistía destinada a borrar os delitos cometidos no marco do proceso independentista catalán, que alcanzou o seu clímax co 1-O, ao concluír que a medida de graza non está prohibida na nosa Carta Magna e que persegue unha finalidade lexítima, descartando a "autoamnistía".

"As sentenzas hai que acatalas gusten ou non e esta non me gusta", aseverou, a preguntas dos xornalistas, o titular do Executivo galego, quen engadiu que tampouco lle gustou "onte o presidente do Goberno anunciando cal ía ser unha sentenza que non coñeciamos". "Non lle fai un favor á Xustiza nin ao prestixio do Tribunal", afirmou para asegurar que o fallo do Constitucional "vai ser a antesala de moitas desigualdades".

"De moitas cousas que esixe o independentismo catalán, algunhas para o beneficio persoal dos seus lideres politicos, do señor Puigdemont especialmente, consagra a desigualdade", apostilou para afirmar que non garante "esa igualdade básica entre os territorios de España". "As formas e todo o contexto non lle fai favor á Xustiza nin prestixio do Constitucional", insistiu nas súas declaracións tras a firma dun convenio co Concello da Coruña para a construción dun novo centro de saúde na cidade.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, tras o Consello
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, tras o Consello | Fonte: DAVID CABEZÓN @ XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta