Galicia segue descendendo en casos activos, pero repuntan os hospitalizados

Hai 2.206 contaxios rexistrados na comunidade galega.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/06/2021 | Actualizada ás 11:05

Comparte esta noticia

Galicia chega ao ecuador desta semana cos novos contxios de Covid-19 por baixo do centenar por terceira xornada consecutiva, tras rexistrar outros 82, mentres que os casos activos seguen en descenso por undécimo día seguido e sitúanse en 2.206. Por contra, os pacientes ingresados ascenden lixeiramente a 111, dous máis.

Segundo os datos actualizados na mañá deste mércores pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas deste martes, recollidos por Europa Press, descenden a 21 as persoas ingresadas en UCI en Galicia, catro menos, mentres que aumentan a 90 as que permanecen noutras unidades, seis máis.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria sobe lixeiramente nas da Coruña e Cee, Lugo, Pontevedra e O Salnés e Ferrol; descende nas de Vigo e Ourense; e mantense na de Santiago e Barbanza. Deste xeito, na da Coruña e Cee ascenden a tres os pacientes Covid en UCI --un máis-- e a 15 os doutras unidades --un máis--; mentres que na de Pontevedra e O Salnés aínda que se reducen a dúas o críticos --un menos-- aumentan a 13 os doutras unidades --tres máis--.

Na de Ferrol, polo seu lado, seguen dous ingresados en UCI por este coronavirus e increméntanse a seis os doutras unidades --un máis--; mentres que na de Lugo queda un en críticos --un menos-- e aumentan a 11 os hospitalizados noutras unidades --dous máis--. Por contra, na área de Vigo descenden a seis os pacientes en UCI --un menos-- e a 15 os doutras unidades --dous menos--; e na de Ourense caen a tres o críticos --un menos-- mentres seguen sete noutras unidades.

E a área sanitaria de Santiago e Barbanza mantén a mesma cifra de pacientes ingresados pola Covid-19 que a xornada anterior ao descender a catro os de UCI --un menos-- e aumentar a 23 os doutras unidades --un máis--.

MENOS CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos de Covid-19 no conxunto de Galicia manteñen a tendencia descendente por undécima xornada consecutiva e sitúanse en 2.206, dúas menos que a xornada anterior, ao haber máis altas (83) que novos contaxios (82) ao que se engade un falecido.

As infeccións activas descenden nas áreas da Coruña e Cee (-6) e de Pontevedra e O Salnés (-14); increméntanse lixeiramente nas de Santiago e Barbanza (+4), Lugo (+6) e Ferrol (+8), mentres que seguen sen cambios nas de Ourense e Vigo. Deste xeito, a área de Vigo continúa á cabeza en Galicia con 662 casos activos; seguida de Santiago e Barbanza, con 400; A Coruña e Cee, con 361; Lugo, con 268; Pontevedra e O Salnés, con 248; Ourense, con 164; e á cola segue Ferrol, con 103.

CONTAXIOS E PCR

Pola súa banda, os novos contaxios de Covid-19 en Galicia seguen por baixo do centenar por terceira xornada consecutiva con 82, despois de iniciar esta semana con 76 e os 90 do día anterior, que supoñen oito menos que os actualizados este mércores. Na Comunidade galega foron confirmados 78 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) nas últimas 24 horas --16 menos--, segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade, deles 18 na área da Coruña e Cee; 16 na de Vigo; 14 na de Santiago e Barbanza; 11 na de Lugo; oito na de Ourense; sete na de Ferrol; e catro na de Pontevedra e O Salnés.

Por tanto, os contaxiados de Covid en Galicia ascenden a 126.997, dos cales 30.413 corresponden á área da Coruña e Cee; 25.074, á de Vigo; 19.993, á de Santiago e Barbanza; 15.723, á de Ourense; 14.276, á de Pontevedra e O Salnés; 12.905, á de Lugo; e 8.613, á de Ferrol. A Comunidade galega levou a cabo desde o inicio da pandemia 2.260.108 PCR, 5.312 probas máis que as rexistradas ata a xornada anterior e algo menos de 2.000 máis que as efectuadas o día pasado.

Polo seu lado, a taxa de positividade descendeu por baixo do dous por cento a un 1,53%, tras situarse nun 2,27% este martes despois de iniciar a semana cun 2,45%. Deste xeito, continúa por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada esta pandemia. A última vez que Galicia excedeu esta barreira foi o 15 de febreiro.

FALECIDOS E CURADOS

Desde o inicio da pandemia as persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 en toda Galicia sitúanse en 2.420, ao notificar a Consellería de Sanidade unha nova vítima. O último óbito corresponde a un home cuxo falecemento foi comunicado na tarde deste martes polas autoridades sanitarias, aínda que se produciu na xornada do luns. Atopábase ingresado no CHOP e tiña patoloxías previas. Por contra, curáronse deste coronavirus 122.396 pacientes, que implican 83 persoas máis que as contabilizadas ata a xornada anterior en toda Galicia.

Un cribado en Galicia / Rosa Veiga - Europa Press. / Europa Press
Un cribado en Galicia / Rosa Veiga - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta