O PSOE ourensán propón crear un consello de migración para dar voz á "multiculturalidade"

Rafa Villarino pon de referencia a cidade de Vigo, onde existe xa un Consello Municipal de migración.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/06/2021 | Actualizada ás 17:43

Comparte esta noticia

O Partido Socialista de Ourense presentará unha moción no pleno municipal para crear o Consello Municipal de Multiculturalidade, co que pretenden "darlle voz a todas as comunidades que forman parte da realidade plural que é a cidade de Ourense".

Así o explicou o portavoz socialista, Rafa Villarino, que compareceu ante os medios para presentar unha moción que será debatida na sesión plenaria ordinaria deste venres.

Neste sentido, Villarino manifestou que "case o 12% da poboación é de orixe estranxeira, segundo os datos extraídos do censo", e afirmou que Ourense é a cidade española onde máis creceu o número de cidadáns estranxeiros non europeos.

Por iso, buscan a creación deste órgano cuxa inspiración, trasladaron, xorde de países como Alemaña, "onde no 71 existían Consellos destinados a inmigrantes". Así mesmo, puxo de referencia a cidade de Vigo onde existe xa un Consello Municipal de migración.

Os socialistas esperan que a moción salga aprobada na sesión plenaria e afirmaron que despois será cando definan o organismo.

"Queremos definilo entre todos e todas e que os representantes de cada comunidade poidan facilitar as súas achegas", incidiu, antes de apuntar ao obxectivo de "evitar conflitos e xenofobia" que, segundo o portavoz socialista asegura, "comezan a salpicar esta cidade" aínda que polo momento "son casos illados".

Pola súa banda, o secretario de emigración do PSdeG, Luís Gulín, trasladou que a finalidade destes organismos na Alemaña dos 70 era atender as demandas de persoas estranxeiras para previr conflitos e fomentar unha mellor integración. Neste sentido, fixo fincapé na necesidade de abrir diálogo entre a poboación inmigrante e a sociedade ourensá.

O portavoz do PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino
O portavoz do PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino | Fonte: PSOE.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta