A Coruña aproba a súa primeira ordenanza do galego cos únicos votos en contra do PP

Coa ordenzanza darase cumprimento á lei de uso do galego como lingua oficial das entidades locais.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 03/06/2021 | Actualizada ás 18:48

Comparte esta noticia

A corporación local da Coruña aprobou, no pleno, cos votos a favor de todos os partidos, excepto do PP, a ordenanza do galego coa que, segundo informa o goberno local, darase cumprimento á lei de uso do galego como lingua oficial das entidades locais.

O texto definitivo contén unha parte de iniciativas e ferramentas que trasladaron os grupos políticos. Tamén se incorporou a proposta da Marea Atlántica para a constitución dun Consello Local da Lingua para impulsar melloras no ámbito da normalización.

No pleno, o concelleiro de Economía e portavoz do goberno local, José Manuel Lage Tuñas, lamentou o "erro histórico" que lle atribuíu ao PP ao non apoiar a ordenanza e agradeceulle ao BNG o traballo realizado para sacala adiante e a Marea Atlántica o seu espírito "construtivo".

"Hoxe damos un paso máis aló para aprobar unha cuestión que tiña que estar resolta no século XX e que se vai a resolver no século XXI". "Imos cumprir con algo que é un deber, un deber e un compromiso", engadiu.

Pleno do Concello da Coruña. ANDY PEREZ
Pleno do Concello da Coruña. ANDY PEREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta