Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/06/2021 | Actualizada ás 20:48
A morte doutras dúas persoas diagnosticadas con covi-19 en Galicia eleva a 2.424 as vítimas da pandemia na Comunidade galega desde marzo de 2020.
Segundo trasladaron as autoridades sanitarias na tarde deste mércores, os dous últimos decesos vinculados á crise sanitaria producíronse na xornada do mércores e de xuño.
Trátase dun home de 69 anos, que faleceu no CHUS e unha muller de 59 anos, que morreu en Povisa. Ambas tiñan patoloxías previas, segundo Sanidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.