O comité de Alcoa afirma estar en conversas cunha empresa disposta a comprar e investir na planta de Cervo

Os representantes dos traballores non achegan máis información por motivos de confidencialidade.

Por Europa Press / Redacción | Lugo | 04/06/2021 | Actualizada ás 15:15

Comparte esta noticia

O comité de empresa de Alcoa mantivo a primeira reunión da súa rolda de contactos con empresas interesadas en comprar a planta de San Cibrao, en Cervo, na Mariña de Lugo. Do encontro, celebrado este venres, o comité destaca a disposición desta compañía a investir na factoría, aínda que non achega máis información por motivos de confidencialidade.

Centos de persoas participan nunha concentración en conmemoración do ano de loita pola planta de aluminio e os postos de traballo de Alcoa San Cervo
Centos de persoas participan nunha concentración en conmemoración do ano de loita pola planta de aluminio e os postos de traballo de Alcoa San Cervo | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Os representantes dos traballadores preguntaron polo plan enerxético e polo industrial. A clave vena no primeiro deles, debido ao custo da luz en España e a necesidade de garantir a viabilidade futura da fábrica.

Este xoves, despois dunha nova reunión multilateral, a empresa insistiu na necesidade de que sexa a SEPI a que medie na operación de compravenda, mentres que o secretario xeral de Industria incidiu en que dita triangulación "non é necesaria".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta