Identifican e eliminan un punto de vertedura de augas residuais á ría de Arousa

As análises confirmaron a evacuación de augas pluviais entre o porto deportivo e o peirao do Ramal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2021 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia eliminou un punto de vertedura de augas residuais á ría de Arousa na contorna do porto deportivo do municipio de Vilagarcía.

Tal e como informou a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade nun comunicado, os técnicos do Plan de Control de Verteduras --dependentes de Augas de Galicia-- identificaron este foco nunha mostra de rutina no caudal que se verte cara á ría de Arousa. As análises confirmaron a evacuación de augas pluviais no dique entre o porto deportivo e o peirao de Ramal.

Os feitos foron postos en coñecemento do Concello de Vilagarcía para que levara a cabo as medidas oportunas en busca de contaminación asociada ao momento de vertedura e procedeuse así á súa recuperación.

O municipio realizou unha inspección mediante videocámara da rede de pluviais, onde localizaron un punto de vertedura na infraestrutura de saneamento da rúa Ramón Piñeiro López. Ademais, os técnicos observaron que a rede de saneamento na avenida Rosalía de Castro podía orixinar filtracións á rede de pluviais debido ao seu estado, polo que proxectaron a substitución da antiga condución de fibrocemento por outra de PVC.

O persoal de Augas de Galcia inspeccionou recentemente a zona e verificou, mediante unha nova análise, que a actuación municipal permitiu a restauración do punto de vertedura.

Vista da Ría da Arousa
Vista da Ría da Arousa | Fonte: Turgalicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta