Un de cada tres galegos xa está completamente inmunizado contra a Covid

Máis do 55,5% da poboación galega a vacinar contra Covid recibiu polo menos unha dose. Arrinca a vacinación do grupo de 49 a 40 anos.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 07/06/2021 | Actualizada ás 12:08

Comparte esta noticia

Máis do 55,5 por cento da poboación de Galicia susceptible de ser vacinada fronte á Covid-19 recibiu polo menos unha dose, mentres que máis do 33,3% dos galegos a inmunizar xa finalizaron o proceso, que desde esta semana inclúe ao grupo de 49 a 40 anos, co que se comezou este domingo na área sanitaria de Santiago e Barbanza.

Así se reflicte nos datos actualizados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata o peche da xornada de vacinación do domingo, recollidos por Europa Press, nos que indica que se administraron 2.056.008 dose, 28.956 máis que na xornada anterior. Iso supón que se puxeron en Galicia o 94,23 das 2.181.875 doses recibidas ata a data.

Diso dedúcese que a xornada deste domingo, ademais de arrincar a vacinación por idade do grupo de 49 a 40 anos cos de máis anos, centrouse en finalizar cos de 50 a 54 e completar a pauta de algo máis dun milleiro de persoas.

Por tanto, ata a data 1.312.242 persoas recibiron polo menos unha dose da vacina no conxunto de Galicia, que supoñen 27.889 máis que na xornada anterior e representan o 55,54% da poboación a vacinar na Comunidade galega.

Unha muller recibe unha dose da vacina de AstraZeneca no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, a 27 de maio de 2021.. Rosa Veiga - Europa Press
Unha muller recibe unha dose da vacina de AstraZeneca no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, a 27 de maio de 2021.. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta