Demandan que o dereito dos galegos a usar a lingua propia non é "real e efectivo" na vida económica

O Consello Económico e Social de Galicia considera que a normativa vixente "non ten un desenvolvemento concreto" por parte da administración pública e demanda medidas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/06/2021 | Actualizada ás 13:10

Comparte esta noticia

O Pleno do Consello Económico e Social de Galicia vén de aprobar na súa última sesión unha declaración institucional de apoio ao emprego da lingua galega en todos os ámbitos da vida social e económica. O Consello, segundo indica, entende que a presenza da lingua propia en todos os ámbitos da vida social (incluida a económica) é unha característica común dos países desenvolvidos.  Así, consideran que se debe "dar maior contido legal e formal ao dereito xa recoñecido dos galegos e galegas a usaren a lingua propia de Galicia nas relacións que manteñen entre e coas empresas como clientes e clientas, consumidores e consumidoras, e usuarios e usuarias".

Mostrador de atención ao público na 'lonxa' do Concello de Vigo, con medidas de prevención debido ao coronavirus.. PAULA XUSTO-EUROPA PRESS
Mostrador de atención ao público na 'lonxa' do Concello de Vigo, con medidas de prevención debido ao coronavirus.. PAULA XUSTO-EUROPA PRESS

O Consello Económico e Social considera nesta declaración institucional que os poderes públicos galegos teñen a obriga legal de garantir o dereito a usar o galego e "combater a falsa naturalidade do tratamento do galego como lingua menor no seu propio territorio". Por iso, afirman, deberán "promulgar medidas legais para a igualdade real e efectiva da nosa lingua". Ademais de contribuir de xeito activo desde a administración pública e todo o sector público galego á eliminación de prexuízos mediante campañas de concienciación cidadá e educativas, mais "sobre todo asegurando a presenza da nosa lingua e dando exemplo ao contratar con empresas que, á súa vez, garantan o exercicio do dereito elemental de empregar a lingua propia no propio país".

As organizacións presentes no CES consideran que a promoción, impulso e potenciación do galego, debe ser permanente, continua e decidida en todos os seus ámbitos de actuación, especialmente no apartado institucional. Así, denuncian que aínda que a normativa vixente , galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias recolle o dereito á atención oral e escrita en galego, esta regulación non ten un desenvolvemento concreto, polo que en moitos ámbitos da vida cotiá de Galicia resulta dificil acceder aos diferentes servizos empregando a lingua propia. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

1 nostrus

Lo que no tenemos los españoles es el derecho a ser atendidos en la lengua común en todo el territorio nacional.

1 Sentidiño

De acordo. Por iso é preciso adicar moitos máis cartos a programas de aprendizaxe de inglés.

2 nostrus

Pois si, os cartos que se adican a fomentar o galego (que non se precisa fomentar pòrque a xente sempre o usou sin ser promocionado) poderían ser adicados ao aprendizaxe do inglés.

3 Sentidiño

Por suposto, os gastos suntuarios dos institutos Cervantes por todo o mundo, en Piazza Navona en Roma, en Lexington, perto do edificio Chrysler, en Nova York, .... ou do Colegio de España de París, choio para militantes de pp e psoe a gastos pagos, etcétera etcétera etcétera terían que desaparecer dos presupostos do reino de ejpaña. Todos eses cartos para o inglés, que de falar galego en Galicia xa nos encargamos nós.

4 nostrus

Gastar cartos no aprendizaxe do español é rendible, pero gastalos co galego é unha perda de cartos similar a gastalos para que a xente aprenda o catecismo. O galego é unha lingua oficial en Galicia para que quen o desexe o use, sendo galego ou non sendoo. Os nacionáticos poñedes coñecer o galego na categoria do pecado orixinal. Falar galego ou non falalo non convirte a ninguén a mais nin mellor galego por moito que o racista-nacionalismo así o pretenda.