A Coruña presenta o seu Punto de atención ás vítimas do Franquismo

Situarase en Riazor e contará cun equipo experto para tratar as vítimas da ditadura e os seus familiares.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2021 | Actualizada ás 12:16

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña e a Universidade da mesma cidade presentaron este martes 8 de xuño o chamado “Punto de Atención ás vítimas do Franquismo e aos seus familiares”, unha iniciativa que se concreta ao abeiro do convenio asinado entre ambas entidades en relación á Cátedra de Memoria Histórica da UDC, encargada de articular e xestionar o PAVF. 

Imaxe de recurso da Casa Cornide.. CONCELLO DA CORUÑA - Arquivo
Imaxe de recurso da Casa Cornide.. CONCELLO DA CORUÑA - Arquivo

O PAVF estará ubicado na sede da Cátedra de Memoria Histórica da UDC, no propio Centro Universitario de Riazor (CUR). Segundo apuntan ambas fontes, será atendido polo persoal da devandita Cátedra, equipo formado en materia histórica, xurídica, sociolóxica e criminolóxica (contando tamén con colaboradores especializados en psicoloxía e medicina forense), enfocando o seu labor cara a vítimas do franquismo e aos seus familiares.

Ao acto acudiron presentes Jesús Celemín, concelleiro de Educación e Memoria Histórica do Concello da Coruña; Julio Abalde, reitor da UDC; Carlos Aymerich, secretario xeral e Uxío-Breogán Diéguez, director da Cátedra de Memoria Histórica. Esta iniciativa súmase a outras nas que estivo ou está a traballar a Cátedra de Memoria Histórica da UDC, entre as que destaca o informe xurídico sobre a Casa Cornide presentado en decembro de 2020 ou a organización da exposición "Galiza Mártir. Da queda do tempo republicano ao exilio", que está a itinerar por Galiza despois de ter estado entre decembro de 2020 e maio de 2021 no Espazo Normal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta