A conselleira lamenta o atraso nas rebaixas da AP-9 pola "non previsión" do Ministerio da negativa de Audasa

Ethel Vázquez cre que a oposición da concesionaria era "probable" e que os trámites deberían iniciarse antes.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 09/06/2021 | Actualizada ás 14:56

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Transportes, Ethel Vázquez, lamentou que o Ministerio de Transportes non prevexa" nin "teña " en conta" a "previsible" negativa de Audasa --empresa concesionaria da AP-9-- á proposta de bonificacións para a autoestrada galega. Así o comunicou a responsable do departamento do Goberno autonómico momentos antes de reunirse, xunto ao director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, con representantes do sector de transporte de mercadorías en Galicia.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez; e o director da  Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, reúnense con representantes do sector das mercadorías para abordar as bonificacións na AP-9
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez; e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, reúnense con representantes do sector das mercadorías para abordar as bonificacións na AP-9 | Fonte: Xoán Crespo - Xunta de Galicia.

Respecto ao atraso na aplicación dos descontos ao 31 de xullo do que informou o Ministerio e sobre cuxo anuncio a conselleira indicou que "a Xunta non ten información oficial, só a dos medios", Ethel Vázquez comentou que é unha "mala noticia".

"Era moi probable que Audasa rexeitase a proposta, como ocorreu. E esta oposición estaba dentro da planificación inicial do Goberno porque o tema se abordou nas reunións. Entendemos que o cronograma tiña todo previsto", lamentou a conselleira.

Ethel Vázquez recoñeceu que o cálculo do tráfico inducido é o "principal problema" para o consenso entre Goberno e empresa concesionaria. Audasa "non está conforme" coa porcentaxe de tráfico que se lle quere restar do total de usuarios da autoestrada, unha dedución que a Administración considera oportuna, xa que a empresa estar a beneficiar dun posible aumento no tráfico debido ás bonificacións propostas --como a viaxe de volta gratis e a redución do 20% para os usuarios que realicen máis de 20 viaxes ao mes, entre outras--.

"As administracións debemos realizar previsións tendo en conta todas as circunstancias. Os trámites deberían empezar antes", dixo a conselleira respecto ao proceso legal que debe iniciarse tras a negativa de Audasa. A proposta debe ser examinada agora polo Consello de Estado e polo Consello de Obras Públicas --órgano de carácter técnico e consultivo do Ministerio de Transportes--.

Ademais, o proxecto debe ser revisado polo Ministerio de Facenda e, tras todos estes pasos, debe aprobarse en real decreto no Consello de Ministros e publicarse posteriormente no BOE para a súa entrada en vigor. "Está a incumprirse a palabra dada", destacou Vázquez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta