Sete persoas intoxicadas por inhalación de fume durante un incendio nun edificio na Coruña

Os feitos sucederon na Avenida da Concordia, uns minutos antes do mediodía. Varios veciños do edificio contactaron co 112 Galicia para dar conta de chamas e fume nunha terraza.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2021 | Actualizada ás 20:24

Comparte esta noticia

Un total de sete persoas resultaron afectadas por inhalación de fume, das cales tres tiveron que ser trasladadas a un centro hospitalario, despois de declararse un incendio nun electrodoméstico no primeiro piso dun edificio de oito plantas na Coruña.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o aparello ardeu na terraza da primeira planta e o fume propagouse ata o oitavo piso.

Os feitos sucederon na Avenida da Concordia, uns minutos antes do mediodía. Varios veciños do edificio contactaron co 112 Galicia para dar conta de chamas e fume nunha terraza.

Foron avisados, entre outros, o 061, os Bombeiros da Coruña e a Policía Local e Nacional.

Un camión de bombeiros
Un camión de bombeiros | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta