Caballero avoga por continuar unha desescalada "con prudencia"

Considera que a campaña de vacinación está a ser un éxito que permite avanzar cara un escenario con menos restricións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/06/2021 | Actualizada ás 17:05

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, avoga por avazar cara a un escenario de menos restricións á hostalaría "con prudencia" e "na medida en que a vacinación segue sendo un éxito".

Preguntado este venres sobre as novas relaxacións proxectadas pola Xunta para este fin de semana, o líder socialista enxalzou "o éxito" da estratexia de inmunización "que marcou o presidente do Goberno cando dixo que o 70 por cento da cidadanía ía estar vacinada ao longo deste verán".

"É a mellor garantía para seguir avanzando na desescalada", asegurou, tras o cal lembrou que os socialistas propuxeron xa "hai varias semanas" que tanto as cafetarías como os bares "puidesen estar abertos ata a 1,00".

"Cremos que, na medida en que a vacinación segue sendo un éxito, podemos afrontar a desescalada, avanzando con menos restricións, iso si con prudencia, pero sen dar nin un paso atrás e permitindo chegar a unha nova normalidade", finalizou Caballero.

Gonzalo Caballero (PSdeG) en rolda de prensa no Parlamento galego. PSDEG
Gonzalo Caballero (PSdeG) en rolda de prensa no Parlamento galego. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta