Galicia roza o 40% de poboación con pauta completa tras inmunizar a máis de 930.430 persoas

Un 38% dos cidadáns de 40 a 49 anos recibiron polo menos unha picada.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2021 | Actualizada ás 11:52

Comparte esta noticia

Galicia superou o 39,3 por cento da poboación con pauta completa fronte á Covid-19 despois de inmunizar a 930.436 persoas, 20.070 máis que a xornada pasada.

Así se reflicte nos datos actualizados na mañá deste mércores pola Consellería de Sanidade con rexistros ata o peche da xornada de vacinación do martes, recollidos por Europa Press, que indican que se administraron 2.288.094 doses, 20.597 máis que o día anterior, das 2.441.495 recibidas --tras acumular 22.800 viarios máis--, o que implica o 93,71 por cento das dispoñibles en Galicia.

Diso dedúcese que a xornada de vacinación deste pasado martes en Galicia centrouse de novo en administrar segundas doses, que elevan a 930.436 as persoas co proceso completado.

Varias persoas acoden a recibir a segunda dose da vacina de AstraZeneca contra o Covid-19 no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, a 27 de maio de 2021, en Ourense.. Rosa Veiga - Europa Press
Varias persoas acoden a recibir a segunda dose da vacina de AstraZeneca contra o Covid-19 no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, a 27 de maio de 2021, en Ourense.. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

GRUPOS DE IDADE

Por grupos de idade, ata a data 130.922 persoas maiores de 85 anos recibiron polo menos unha dose (+4); 95.835 de 80 a 84 anos (+1); 133.762 de 75 a 79 anos (+1); 152.125 de 70 a 74 anos (+3); 153.303 de 65 a 69 anos (+11); 172.513 de 60 a 64 anos (+11); 179.392 de 55 a 59 anos (+402) e 187.467 de 50 a 54 anos.

Así, ata o momento administrouse polo menos unha picada a 1.205.319 persoas maiores de 50 anos no conxunto de Galicia, 124 máis que a xornada anterior, que supoñen un 94,39% dos galegos a vacinar a partir desa idade.

A estas súmanse 138.784 persoas de 45 a 49 anos (+97) e 29.427 de 40 a 44 anos (+149), que representan 246 máis que a xornada anterior, tras iniciarse a semana pasada a vacinación por idade neste grupo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta