Podemos critica á Xunta por non protexer aos profesionais contra o lume e gastar en publicidade

“O Goberno de Feijóo sempre antepón a propaganda política. En materia medioambiental non deixa de quedar en evidencia”, di Gómez-Reino.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/06/2021 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

Podemos Galicia criticou este mércores a incompetencia da  Xunta de Galicia tras resultar deserto o concurso para a dotación de roupa técnica para o persoal laboral da Dirección Xeral da Defensa do Monte durante os próximos tres anos, e, á súa vez, destine 1,3 millóns de euros en campañas nos medios de comunicación, tal e como publicou o Galicia Confidencial este martes.

Brigadistas no incendio en Quiroga
Brigadistas no incendio en Quiroga | Fonte: ATBRIF - @AT_Brif.

O secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez Reino, sostivo que a “ineptitude da Xunta para a política forestal queda retratada cando permite que os profesionais non estean ben equipados, posto que as campañas en medios son insuficientes cando se carece dunha estratexia de prevención e extinción”. Esta noticia chega poucos días despois de que se fixese público que a última convocatoria da Xunta para a contratación dun helicóptero de labores de extinción tamén quedara deserta. “Feijóo vive continuamente en campaña electoral. Esiximos que se comprometa con esta dura realidade que asola Galicia cada verán”, apuntou Gómez Reino. 

Por iso, Podemos pide responsabilidade á Consellería do Medio Rural e lembra que, aínda sen dar comezo a tempada de incendios, esta fin de semana os lumes xa arrasaron case 540 hectáreas en Galicia, o que fixo que se tiveran que activar os efectivos antiincendios en zonas como Salvaterra de Miño e Folgoso do Courel.

Neste contexto, este xoves o deputado Antón Gómez Reino e a voceira Verónica Hermida visitarán o concello ourensán de Lobios para abordar, xunto á Mancomunidade de Montes e integrantes dos círculos da zona, a situación de risco que vive o Xurés cada verán a pesar de tratarse dunha superficie protexida polo seu gran valor natural.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta