Roubo de película na casa consistorial de Verín

Detidas dúas das catro persoas que tentaron abrir a caixa forte cun soplete.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2021 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia

Catro persoas, procedentes de Madrid, entraron durante a madrugada deste mércores no consistorio de Verín nun intento de roubar o diñeiro en efectivo gardado na caixa forte. Dúas delas foron detidas e as outras dúas atópanse en paradoiro descoñecido.

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, relatou que os sospeitosos conseguiron entrar grazas a que tiñan chaves do concello. Unha vez dentro, abriron dous caixóns da planta baixa do edificio, e ao non atopar nada, decidiron acceder ao cuarto onde se atopaba a caixa forte.

Os autores tentaron abrila "cun soplete" e fixeron "un corte de aproximadamente 25x15 centímetros", segundo relata Seoane. A Garda Civil, con previo aviso do que ía suceder, desprazouse ao lugar. Alertados polo ruído, os ladróns fuxiron e, aínda que a dous deles tentáronlles dar o alto en Zamora, "escaparon a pé".

Os axentes continúan coas investigacións para pescudar a localización das dúas persoas fuxidas, ademais de clarificar por que contaban coas chaves do concello. A este respecto, o rexedor de Verín asegurou que están a interrogar aos traballadores do consistorio.

Concello de Verín. Foto: XMF
Concello de Verín. Foto: XMF

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta